domingo, 15 de enero de 2017

Feijóo avoga por una España "máis xusta, sustentable e autonómica "

Onte escoitei tamén en Santiago de Compostela a intervención do presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, na clausura da presentación das liñas básicas do Relatorio Económico e Territorial para o Congreso nacional.

Asegurou que a Conferencia de Presidentes servirá para facer "unha España máis xusta, máis sustentable e máis autonómica". E lembrou que o consenso para construír un país sustentable non pasa só polo Goberno central, senón que debe sumar tamén aos demais 17 grandes centros de decisión que forman o país: as comunidades autónomas.

Nese sentido, indicou que se queremos que todos os españois vivamos nun Estado do Benestar sustentable e de calidade, a demografía debe terse moi en conta á hora de repartir o financiamento. Por iso, tal e como apuntou, ese será un dos temas que se abordarán na Conferencia de Presidentes Autonómicos que se celebrará o vindeiro martes.

Feijóo dixo  que este relatorio plasma a aposta por unha España sustentable que cre cada vez máis emprego e de máis calidade, que non abuse do endebedamento, que reforce os lazos con Europa e abra novos mercados; e que garanta o noso Estado do Benestar.

Nese sentido, lembrou que seguir sendo sustentables cunha baixa taxa de natalidade e unha alta taxa de envellecemento é o desafío máis importante de España.

Por este motivo, apuntou que o relatorio reflicte a intención dos populares de alcanzar un Pacto de Estado pola Demografía, algo para o que é necesario que os demais grupos do Congreso non pensen en cores políticas ou intereses partidistas, senón en avós, pais e fillos.

Así mesmo, engadiu que buscarán consenso para dar máis apoio económicos ás familias que desexen ter fillos, facilitando a conciliación,  para superar -como xa se fixo en Galicia- a cociente de cobertura do 33% das prazas de escolas infantís, e para abordar a reforma do sistema de pensións.

Feijóo tamén fixo referencia na súa intervención ao congreso político de Podemos, destacando as diferenzas existentes co conclave nacional do PP.

Como comentou, mentres eles só falan de si mesmos e sobre as súas loitas internas, cren que vivimos nunha época de desesperanza, e considéranse os únicos representantes lexítimos dun pobo que os rexeita; os populares falarán dos cidadáns sendo conscientes de que, con moderación e con reformas, España está a saír adiante. E todo iso mentres traballan con humildade.

"Por desgraza para o populismo e por sorte para o país, o futuro aínda está por escribir. O relatorio é un documento que aprende do pasado, pensa no presente e prepárase para o futuro", engadiu.

Nese sentido, remarcou que a responsabilidade e a boa xestión ao longo dos últimos anos conseguiron abrir un espazo de ilusión e esperanza. Por este motivo, o presidente manifestou que o próximo reto é mostrar que os principios que nos sacaron da recesión son tamén os máis adecuados para garantir que España siga avanzando e para trasladar os froitos do progreso ás familias e ao pobo.

Por outra banda, e tras lembrar de forma moi especial o legado que nos deixou un dos pais da Constitución, Manuel Fraga, falecido hai 5 anos, Feijóo destacou que é vital ter claro o modelo de país que queremos construír e cara a onde se queren dirixir. "Se non o facemos, seremos capitáns dun barco á deriva, pois o rumbo estaránolo marcando outros", afirmou.

Con respecto a isto, abundou en que "a carta de navegación do Partido Popular" ten que virar sobre catro eixos fundamentais: o respecto á liberdade económica, a reivindicación da estabilidade política, a responsabilidade na xestión e a defensa da unidade de España e a igualdade entre os españois.

Clausurou a xornada a vicepresidenta e ministra de Presidencia e para as Administracións Territoriais, Soraya Sáenz de Santamaría, destacando a capacidade de diálogo do Partido Popular, porque "no Partido Popular, o debate non nos enfronta senón que nos enriquece".

Dixo que "somos un partido unido, que sabe escoitar e sabe debater, defendendo sempre os seus principios".

Aludiu á celebración este próximo martes da Conferencia de Presidentes, da que ha destacou que "se somos capaces de darnos conta de que alí reunidos representamos a todos españois, avanzaremos".

"Este martes falaremos do financiamento autonómico que é o financiamento da educación, da sanidade, da demografía, un asunto este último que imos abordar sen esperar a que o faga o seguinte".


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta