domingo, 15 de enero de 2017

Os ministros de Defensa, de Fomento e de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente comparecen en Comisión

A próxima semana, terá unha intensa actividade parlamentaria. O luns, 16 de decembro, ás 16 horas, a titular defensa Dolores de Cospedal informará na Comisión de Defensa sobre o Ditame do Consello de Estado 481/2016 relativo ao accidente do Yak-42. Ademais, Cospedal responderá tamén as peticións de comparecencia de varios grupos parlamentarios sobre a mesma cuestión.

Desde o Grupo Parlamentario Socialista e o de Cidadáns preguntaranlle sobre sobre as responsabilidades do seu departamento en relación ao informe. O Grupo Parlamentario Confederal de Unidos Podemos-En Comú-En Marea pediralle que aclare as actuacións que pensa levar a cabo o Goberno en relación ao contido do Ditame.

Nesta mesma liña, o Grupo Mixto pedirá explicacións á ministra sobre cales serán as responsabilidades da súa área tras o informe e sobre as accións que pensa adoptar o Ministerio tras o mesmo

O mércores ás 12 horas, na Comisión de Fomento que presido, comparecerá o titular do Ministerio, Iñigo de la Serna, que explicará a situación actual do Documento de Regulación Aeroportuaria (DOURA). 

Ademais, o Grupo Parlamentario Confederal de Unidos Podemos-En Comú Podem-En Marea e o Grupo Parlamentario Socialista preguntaranlle sobre as previsións de aprobación do citado documento.

Pola súa banda, a ministra Isabel García Tejerina informará, ese mesmo día ás 17.30 horas, sobre as liñas de actuación do Goberno en materia de Cambio Climático e sobre os resultados da Conferencia das Partes da Convención Marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático (COP22), celebrada en Marrakech do 7 ao 18 de novembro de 2016.

Así mesmo, a responsable da área de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente explicará, a petición do Grupo Parlamentario Mixto, as prioridades do Goberno na presente Lexislatura en materia de Cambio Climático e, a petición do Grupo Parlamentario Socialista, sobre as actuacións previstas polo seu Ministerio dentro das políticas de loita contra o cambio climático que vai expor na XII Lexislatura.