EPA IV T de 2016: Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2015, en Galicia o número de parados baixa en 18.500 persoas

Onte coñecíamos os datos máis importante da EPA do IV Trimestre de 2016 referidos a Galicia son os seguintes:

No cuarto trimestre de 2016 a poboación galega de 16 ou máis anos situouse en 2.349.300 persoas, das cales 1.253.800 clasifícanse como activas, o que sitúa a taxa de actividade no 53,37 %. Con respecto ao trimestre anterior, o número de activos diminúe en 10.800 persoas e a taxa de actividade catro décimas.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2015, o número de activos diminúe en 1.400 persoas e a taxa de actividade aumenta unha décima.

A ocupación diminue en 8.300 persoas no cuarto trimestre de 2016 respecto á cifra do trimestre anterior e sitúase en 1.049.600 persoas ocupadas. A taxa de ocupación diminúe tres décimas neste trimestre, ata o 44,7 %.

Nos últimos doce meses o número de ocupados aumentou en 17.100 persoas, o que supón unha suba do 1,7% en termos relativos.

Por sexo, neste trimestre diminúe tanto a ocupación masculina como a feminina: o número de ocupados varóns diminué en 5.700 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2016 e a ocupación das mulleres diminúe en 2.600 persoas. En termos de taxas, isto tradúcese nunha baixada da taxa de ocupación masculina de 5 décimas e de dúas décimas na feminina.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2015, o número de homes ocupados aumenta en 9.700 persoas (un 1,8%), mentres que o de mulleres ocupadas faino nun 1,5%.

Atendendo aos sectores de actividade económica (segundo a CNAE 2009), o número de ocupados nos servizos diminúe en 9.800 persoas no trimestre e sitúase en 736.500 persoas. O sector primario aumenta en 3.900 empregos con respecto ao trimestre anterior e a industria diminúe en 700. A ocupación na construción, pola súa banda, diminúe en 1.700 persoas respecto ao terceiro trimestre do ano 2016.

Con respecto ao mesmo trimestre de 2015, a ocupación na agricultura e pesca medra un 18%, na industria un 3,9% e nos servizos un 0,6%; pola contra, no sector da construción a ocupación diminúe un 6,8% entre o cuarto trimestre de 2015 e o actual.

En Galicia había 825.200 asalariados no cuarto trimestre de 2016, 605.200 con contrato indefinido e os 220.000 restantes con contrato temporal. Con respecto ao trimestre anterior rexístranse 3.100 asalariados menos con contrato indefinido, o que supón unha diminución de 5 décimas en termos relativos. O número de asalariados suxeitos a un contrato temporal diminúe en 9.600 persoas (o que supón, en termos relativos, unha diminución do 4,2% con respecto ao terceiro trimestre de 2016). No que respecta á variación interanual, os asalariados con contrato indefinido permanecen estables e os asalariados con contrato temporal incrementáronse un 6,2%.

A taxa de temporalidade, calculada como a porcentaxe de asalariados con contrato temporal sobre o total de asalariados, diminúe sete décimas neste trimestre, ata situarse no 26,7%.

No cuarto trimestre de 2016 en Galicia había 204.200 persoas en paro, 2.500 menos que no trimestre anterior. A taxa de paro permanece estable no 16,29%.

Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2015, o número de parados e paradas baixa en 18.500 persoas (un 8,3%) e a taxa de paro 1,4 puntos.

Por sexo, con respecto ao trimestre anterior, diminúe tanto o paro masculino coma o feminino: o número total de homes parados sitúase en 102.700 persoas (1.600 menos que hai tres meses) e o de mulleres é de 101.500 persoas (1.000 mulleres menos en paro). A taxa de paro masculina e feminina diminúen unha décima, situándose a primeira no 15,6% e a segunda no 17%.

No tocante á variación interanual, o número de parados entre o sexo masculino diminúe en 8.600 persoas (un 7,7% menos), e o volume de paradas en 9.900 persoas (un 8,9% menos que hai un ano).

No cuarto trimestre de 2016, o número de fogares nos que todos os seus membros activos están en paro diminúe en 2.500 unidades e sitúase en 69.600. Respecto ao cuarto trimestre de 2015 esta tipoloxía de fogares cae un 7,3%.

Pola súa banda, o número de fogares nos que todos os seus membros activos son ocupados aumenta en 600 unidades. O número de fogares nesta situación é de 570.700. En relación co mesmo trimestre do ano anterior hai 15.200 fogares máis nesta situación, o que supón unha suba do 2,7% en termos relativos.

FONTE: INE e IGE


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.