jueves, 26 de enero de 2017

EPA IV T de 2016: Nos 12 últimos meses, en España o paro diminuíu en 541.700 persoas (- 11,33%)

Hose coñecemos os datos da EPA correspondentes ao IV Trimestre de 2016. Estos son os principais resultados:


- O número de ocupados redúcese en 19.400 persoas no cuarto trimestre de 2016 respecto ao trimestre anterior (un - 0,10%) e sitúase en 18.508.100. En termos desestacionalizados a variación trimestral é do 0,41%. O emprego creceu en 413.900 persoas nos 12 últimos meses. A taxa anual é do 2,29%.

O descenso da ocupación concéntrase este trimestre no sector público (17.800 ocupados menos), mentres que o emprego no sector privado diminúe en 1.600.

Nos 12 últimos meses o emprego aumentou en 428.500 persoas no sector privado e reduciuse en 14.600 no público.

O total de asalariados baixa este trimestre en 19.200. Os que teñen contrato
indefinido aumentan en 60.200, mentres que os que teñen contrato temporal
diminúen en 79.400. En variación anual, o número de asalariados aumenta en 396.600(o emprego indefinido incrementouse en 169.900 persoas e o temporal
en 226.700). O número de traballadores por conta propia baixa en 1.700 este trimestre, mentres que nos 12 últimos meses creceu en 14.000.

A ocupación aumenta este trimestre na Agricultura (72.900 máis) e na Industria
(47.800) e descende nos Servizos (112.300 menos) e na Construción (27.800). 

No último ano o emprego subiu en todos os sectores: nos Servizos hai 240.400 ocupados máis, na Industria 115.700, na Agricultura 37.000 e na Construción 20.800.

Os maiores incrementos de ocupados este trimestre danse en Comunitat Valenciana (32.600 máis), Comunidade de Madrid (27.800) e Castela-A Mancha (13.700). Os maiores descensos prodúcense en Illes Balears (-60.800), Cataluña (- 21.300) e Castela e León (- 19.900). No último ano todas as comunidades, salvo Estremadura, incrementan a súa ocupación. Os maiores aumentos obsérvanse en Cataluña (100.800), Comunitat Valenciana (68.300) e Región de Murcia (35.300).

O número de parados baixa este trimestre en 83.000 persoas (- 1,92%) e sitúase en 4.237.800.

En termos desestacionalizados a variación trimestral é do - 3,78%. Nos 12 últimos meses o paro diminuíu en 541.700 persoas (- 11,33%).

A taxa de paro sitúase no 18,63%, o que supón 28 centésimas menos que no
trimestre anterior. No último ano esta taxa descendeu en 2,26 puntos.

Por comunidades, as maiores baixadas do paro este trimestre danse en Comunitat Valenciana (23.100 parados menos), Comunidad de Madrid (18.300) e Principado de Asturias (13.700). En termos anuais, as maiores reducións prodúcense en Cataluña (110.200 parados menos), Andalucía (78.000) e Comunidade de Madrid (73.700).

O número de activos descende este trimestre en 102.400, ata 22.745.900. A taxa de actividade baixa 33 centésimas e sitúase no 58,95%. No último ano a
poboación activa descendeu en 127.800 persoas. 

FONTE: INE