Desde hoxe amplíase o permiso de paternidade

Comeza 2017 cunha boa noticia: os traballadores que se convertan en pais a partir do 1 de xaneiro de 2017 poderán gozar de 4 semanas de permiso por paternidade. Cada ano, unha media de máis de 240.000 traballadores acolléronse a esta prestación.

Ata agora os pais viñeron gozando de 15 días de descanso (13 días máis 2 polo Estatuto dos Traballadores). Desde hoxe o permiso amplíase a 28 días.

A prestación por paternidade é independente da da nai e compatible co goce compartido da de maternidade, sempre que sexa cedido pola nai.

A contía do subsidio é do 100% da base reguladora da prestación de Incapacidade Temporal, derivada de continxencias comúns, do mesmo xeito que a prestación por maternidade.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.