Na inauguración da exposición antolóxica do pintor ourensán Julio Rivera

Asisto onte na sede da Confederación Empresarial de Ourense á inauguración da exposición antolóxica do escritor, artista audiovisual e pintor ourensán Julio Rivera, falecido en 1990 á temperá idade de 30 anos.

Nesta exposición preséntase unha mostra da súa obra pictórica que é un preludio da gran exposición que está previsto organizar para o próximo ano 2018, con toda probabilidade no centro cultural Marcos Valcárcel".

A mostra conta con  27 obras pictóricas sobre papel, 12 teas sobre lenzo e 23 fotografías, na súa maioría realizadas, retocadas e levadas ao papel polo seu amigo Chema Gabilán. "En cada unha destas escenas do artista respírase amizade, respecto e fidelidade cara aos seus amigos. Todo o que fixo temos que estudalo", puntualizou a comisaria. 

Destacou unha das características do artista, o seu particular uso da cor e das tonalidades como expresión de diversos estados de ánimo. 

Julio Rivera, a quen tiven a sorte de coñecer, formou parte dun movemento artístico moi potente que houbo na cidade na década dos 80 e que quedou, en certo xeito, ensombrecido pola movida madrileña e viguesa.

Coa apertura desta exposición presentouse tamén a Asociación Cultural Memorial Julio Rivera.

Felicidades a toda a familia Rivera e aos moitos amigos que onte estiveron neste acto.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.