Importante primeiro paso para acadar un Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado

Esta semana que termina tivo unha gran intensidade no Congreso dos Deputados, especialmente por canto a aprobación do límite de gasto non financeiro e do obxectivo de estabilidade orzamentaria e de débeda pública para o conxunto das administracións públicas é o primeiro paso que abre a elaboración duns Orzamentos Xerais do Estado para o exercicio 2017 e para toda a lexislatura ata 2019. 

Hai que resaltar tamén a proposta que debatemos na Cámara veu precedida de diálogo político, de diálogo parlamentario con coincidencias no fundamental. 

Onte nunha intervención na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros, Íñigo Méndez de Vigo fixo dúas manifestacións que me parece interesante resultar.

En primeiro lugar expresou a satisfacción do Goberno pola convalidación no Congreso dos Deputados, "cun amplo respaldo", dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e teito de gasto para 2017.

O ministro dixo que "é unha boa noticia para España porque fortalece o marco de certidumbre, de seguridade e confianza na nosa economía". Na súa opinión, o acordo alcanzado o xoves "é un bo primeiro paso pero non é suficiente" para presentar os Orzamentos.

Preguntado polo calendario para a súa aprobación, Méndez de Vigo avanzou que, unha vez validado o teito de gasto, a semana que vén celebraranse reunións coas Facendas Forais e co Consello de Política Fiscal e Financeira a fin de distribuír o déficit entre as comunidades autónomas e concretar a achega do Fondo de Liquidez Autonómico (FLA).

"A min paréceme que é precipitado crer que en xaneiro haberá un proxecto de Orzamentos Xerais do Estado, creo que vai requirir máis tempo, falar moito, poñernos de acordo. Ese tempo douno por ben empregado se logramos o acordo. Prefiro dedicarlle máis tempo para lograr un bo acordo que facer os cousas de forma apresurada", resaltou.

É evidente que necesitamos uns novos Orzamentos Xerais do Estado para o noso país. É certo que o noso ordenamento constitucional prevé a prórroga e por iso manteremos o orzamento 2016 prorrogado para o seguinte exercicio e non haberá problemas en termos de habilitación de pagos que deriven diso. 

Pero precisamos un orzamento do Estado 2017 para cumprir cos nosos obxectivos de déficit, para actualizar os nosos compromisos en termos de financiamento correcto dos nosos servizos públicos. Necesitámolo para actualizar os anticipos a conta das nosas comunidades autónomas e das nosas corporacións locais. Tamén para seguir impulsando novos investimentos en obras públicas.

Están en xogo as políticas de benestar, de recuperación económica e de emprego para o noso país. A primeira responsabilidade é a do Goberno do Partido Popular que ten a oportunidade e a obrigación de entenderse, como o estamos conseguindo facer, cos grupos políticos do Congreso, que tamén teñen o seu parte de responsabilidade.



Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.