Inaugurada a Exposición Mestre Mateo no Museo del Prado

Asisto na tarde de onte no Museo del Prado á inauguración da Exposición Mestre Mateo, a primeira mostra monográfica que dedica a un autor galego.
Nun acto no que estivo a presidenta do Congreso, Ana Pastor, o presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, o ministro de Educación, Cultura e Deporte Íñigo Méndez de Vigo, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o Arcebispo de Santiago, o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay BeccaríaJulián Barrio e o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, entre outras autoridades e personalidades. E por suposto representantes do Museo del Prado encabezados polo seu presidente José Pedro Pérez Llorca, da Real Academia Galega de Belas Artes e da Fundación Catedral de Santiago.
Comisariada por Ramón Yzquierdo Peiró, a mostra, poderá visitarse desde hoxe, 29 de novembro, ata o 26 de marzo do ano que vén, permite ver reunidas por primeira vez pezas dispersas do patrimonio do artista que pertenceron a conxuntos e partes da Catedral de Santiago actualmente desaparecidos, como a fachada medieval e o coro de pedra que ocupou a nave central.
Os catro ámbitos temáticos que estruturan a exposición –El Maestro MateoLa fachada del Pórtico de la Gloria, El coro pétreo de la Catedral e La catedral, Pórtico de Galicia– permitirán realizar un completo percorrido polo traballo do artista na Catedral, desde o ano 1168 ata a consagración do templo en 1211. Ademais de ser unha oportunidade para a recuperación de pezas que precisan traballos de conservación, tales como as estatuas-columna de David e Salomón, da fachada do Obradoiro; e realizar novos estudos e investigacións arredor delas.
A través dunhas pezas escultóricas chegadas despois dunha longa viaxe polo tempo para dicirnos que hai sensacións que nunca perden vixencia, os visitantes poderán ver como a Galicia do século XII era un foco de innovación e cultura cara ao que miraba Occidente, e constatar que o Mestre Mateo –un dos artistas máis relevantes e que deixou unha das pegadas máis duradeiras na historia da arte–, é, polo tanto, un contemporáneo.

Unha magnifica exposición para amosar a obra duns mellores escultores de todolos tempos.

Recomendo visitala.





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.