España acredita por méritos propios un papel relevante na escena europea e internacional

A actividade política española, estivo esta semana protagonizada en clave interna pola solemne sesión de apertura da XII lexislatura no Congreso dos Deputados.

Pero en clave internacional houbo dous acontecementos moi relevantes que quero destacar.

En primeiro lugar o encontro de Berlín entre Mariano Rajoy e Angela Merkel que puxo en valor o magnífico estado das relacións entre España e Alemaña, país co que compartimos moitas experiencias e superado moitas dificultades. 

En rolda de prensa a Sra. Merkel deu a benvida a Mariano Rajoy despois da súa reelección e dixo "alégrome de que España volva ter un Goberno, porque é un socio importante, non só para Alemaña, senón para a Unión Europea. España volve ter un Goberno, porque Mariano Rajoy volveu a ser elixido como presidente do Goberno e eu congratúlome por iso".

Lembrou a chanceler alemá que as relacións xermano-españolas son moi boas e son unhas relacións de confianza. "Alemaña é o segundo socio comercial de España e o primeiro socio en canto ás importacións, e hai moitas empresas alemás presentes en España. Na industria automotriz, por exemplo, temos moitos puntos en común. E España, por suposto, tamén é unha porta de entrada para empresas alemás noutros mercados, en América Latina, por exemplo.

Así que temos un gran interese en que o desenvolvemento económico de España sexa positivo. Pero realmente é un pracer que, tras anos difíciles, sobre todo o ano pasado e este ano creáronse moitos postos de traballo e recuperouse o crecemento económico. Por suposto que aínda quedan problemas por resolver, pero podemos dicir que España vai por unha senda moi positiva e iso realmente é motivo de gran satisfacción para nós."

Pola súa banda mariano Rajoy dedicou as súas primeiras palabras ao agradecemento cara á chanceler Merkel, á que felicitou polo seu liderado e dixo 

"Creo que o pobo español e o pobo alemán son amigos. Ambos os Gobernos imos seguir traballando con determinación para seguir avanzando no proxecto europeo; imos darlle relevancia especial e a converter en prioridade o que son os problemas reais dos cidadáns e, desde logo, imos seguir defendendo valores como a tolerancia, a solidariedade e os ideais, que fixeron de Europa un referente de paz e de progreso en todo o mundo"·

Tamén hai que resaltar a importancia que España, co seu presidente Rajoy participase na importante  reunión celebrada en Berlín con cinco grandes socios e aliados do noso país, os xefes de Estado e de Goberno de Alemaña, Angela Merkel; Francia, François Hollande; Gran Bretaña, Theresa May; Italia, Matteo Renzi; e Estados Unidos, Barack Obama, na que todos constataron "o carácter prioritario" que outorgan á relación transatlántica.

En relación a Siria, os seis mandatarios manifestaron a súa fonda preocupación pola crise humanitaria, en especial en Alepo. "Reiteramos a necesidade dun cesamento do fogo duradeiro que asegure o acceso humanitario sen restricións e permita retomar as negociacións para alcanzar unha solución política baixo os auspicios das Nacións Unidas", dixo Rajoy.

En canto a Iraq, os líderes europeos e o presidente de Estados Unidos analizaron os progresos na ofensiva sobre Mosul. Mariano Rajoy sinalou que "debemos estar preparados para o escenario post-conflito, a estabilización e reconstrución posterior que permita o retorno seguro de desprazados internos".

Respecto de Ucraína, os mandatarios reiteraron o seu rexeitamento á anexión ilegal de Crimea. "Subliñamos a necesidade de cumprir os Acordos de Minsk, incluído un cesamento do fogo real e a celebración das eleccións en certas áreas de Donetsk e Lugansk de acordo coas esixencias da OSCE", dixo o presidente do Goberno.

España volve por méritos propios con forza á escena europea e internacional e iso é unha excelente noticia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.