lunes, 10 de octubre de 2016

No faladoiro de Radio Voz

Interveño esta mañá no programa Voces de Galicia de Radio Voz, que modera Antía Díaz Leal na que hoxe compartín micrófono con Domingos Sampedro e Xosé Luis Barreiro

En primeiro lugar falamos da conta atrás de tan só 21 días para que conclúa o prazo para chegar a un acordo e formar goberno. 

Dixen que ese calendario vén determinado, en boa parte, polos tempos do PSOE, que  celebrará o vindeiro sábado 15 de outubro as primarias do PSC  e previsiblemente un Comité Federal o 16.

E que se como todos esperamos nesta reunión os socialistas decidisen absterse, o seguinte paso daríase polo Rey Felipe VI, que antes de designar candidato, comprobaría nunha rolda de contactos os apoios cos que conta esta vez Mariano Rajoy para culminar con éxito a investidura. E se todo fose ben, chegariamos á última semana de outubro para celebrar a segunda sesión investidura de Rajoy.  
Falamos logo das consecuencias que o actual bloqueo político está a ter en materia de pensións, emprego, licitacións e investimento.

Resaltei que prorrogar os orzamentos de 2016 implica limitacións  como non poder incluír novos investimentos nin decisións de gasto diferentes ás xa consignadas e que non podemos obviar o procedemento sancionador da Comisión Europea a España. Atraso nos orzamentos que afecta as comunidades autónomas, que non poden aprobar os seus orzamentos para o 2017 por non aprobarse o límite de déficit.

Tamén aludín á retardación de licitacións e adxudicacións de obra pública e que a inestabilidade política xa está a afectar a proxectos de investimento.

Finalmente falamos  do debate dos dous candidatos á presidencia dos EEUU, entre Clinton e Trump. A miña opinión foi a de lamentar os excesos desta agresiva campaña centrada na descualificación do adversario e nas alusións persoais. Non dubidei en opinar que Donald Trump é unha persoa que non está capacitada para dirixir os destinos dunha gran nación como é a norteamericana.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta