O Goberno en funcións de Rajoy estuda solucións a varios asuntos urxentes da economía española

Vivimos estes días moi preocupantes acontecementos políticos, por unha banda a enorme crise interna do partido socialista e un novo capítulo na longa serie de ameazas secesionistas protagonizado polo presidente da Generalitat de Cataluña.

Non é de estrañar que unha maioría de españois miren  ao Partido Popular en busca de certezas e seguridade. 

Acábano de facer o pasado domingo en Galicia coa ampla maioría outorgada a Alberto Núñez Feijóo.

E miran tamén a Mariano Rajoy por representar a moderación, a confianza e a estabilidade.

Mírannos porque aplicamos políticas que crean empregos, que contribúen decididamente ao desenvolvemento económico e social, e que fan de España un país mellor. Mírannos coa tranquilidade de saber que a nosa convivencia en democracia prevalecerá sobre as ameazas que hoxe pesan sobre ela mentres goberne o Partido Popular.

Mentres noutros lugares a inestabilidade era a norma, o presidente do Goberno en funcións, Mariano Rajoy, presidía onte na Moncloa, a reunión da Comisión Delegada do Goberno para Asuntos Económicos, estudou solucións a varios asuntos urxentes da economía española nun contexto de nove meses de Goberno en funcións.

Tratábase de realizar accións e propostas de política económica, dentro da limitada capacidade do Executivo, que eviten que o actual bloqueo institucional prexudique a axentes e sectores económicos.

Así, onte se ha procedeu á repartición do Fondo de Liquidez Autonómico do catro trimestre de 2016 para o pago de vencimientos de débeda das Comunidades Autónomas e do déficit público das mesmas. Con esta decisión poderanse mellorar os tempos de cobro dos provedores destas Administracións.

Tamén nos informan que  está Comisión estudou os cambios normativos necesarios para adaptar a senda de déficit público das distintas Administracións á nova senda acordada coa Unión Europea e ao cumprimento dos compromisos  para a redución do déficit acordados con Bruxelas. Estes cambios normativos están a ser consensuados co conxunto de Grupos Parlamentarios dada a súa importancia e a necesidade da súa pronta aprobación.

Igualmente, aprobáronse diversas actuacións en apoio das empresas exportadoras e en especial a ampliación da liña de fianza para Pemes en proceso de internacionalización. Esta liña creouse en 2012 en plena crise de débeda da zona euro e acreditou o seu éxito no apoio a investimentos e exportacións de Pemes, polo que vai ter máis recursos e maior capacidade de actuación.

Esperemos que pronto termine o  bloqueo político imposto sobre o noso país, que ameaza a nosa recuperación económica.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.