jueves, 8 de septiembre de 2016

Falando en Radio Voz do estudo preelectoral de Galicia elaborado polo CIS

Intervín mañá no faladoiro de Radio Voz, dentro do programa "Voces de Galicia"que modera Antía Díz Leal.

E compartín antena con José Ramón Amor Pan e Iván Puentes.

Falamos en primeiro lugar da campaña electoral que comeza ás cero horas de mañá xoves, que o PP de G aborda en positivo como reza o seu lema "En Galicia si".

Dixen que como partido que tivo responsabilidade de goberno daremos conta da nosa xestión e ofreceremos o noso proxecto para os catro anos baixo un liderado potente, o de Alberto Núñez Feijóo. 

Contrapuxen a nosa formulación co negativo dos nosos adversarios da esquerda que articulan as súas propostas en negativo "desaloxar a Feijóo" e que non dubidarán en aliarse entre eles para tal fin se o PP non consegue a maioría absoluta. Dixen que faremos unha intensa campaña co obxectivo de que haxa unha alta participación e que a inmensa maioría dos cidadáns acuda a votar o próximo día 25.

Logo falamos do estudo preelectoral de Galicia, referido ás eleccións autonómicas e elaborado polo Centro de Investigacións Sociolóxicas que se deu a coñecer esta mesma mañá.

Un estudo do CIS que prognostica en Galicia unha vitoria para o PP de G  de Alberto Núñez Feijóo, cunha estimación de voto do 44,9% e entre 40 e 41 deputados, o que supoñería pasar con entre dous e tres representantes o mínimo de 38 que é a maioría absoluta.

Na loita pola segunda praza, o CIS rexistra un empate técnico entre o PSdeG-PSOE e En Marea, cunha porcentaxe de estimación voto similar (19,9%). 

O partido instrumental integrado entre outros  por Podemos, Anova e Esquerda Unida, liderado por Luís Villares lograría un número de escanos entre 15 e 17, mentres que aos socialistas de Leiceaga asígnanse 16. 

O BNG que lidera Ana Pontón baixaría, segundo o CIS, obtería unha estimación  de voto estimado de 5,3% pasando de sete a dous escanos. E finalmente o  CIS outórgalle Cidadáns entre 0 e 1. 

Manifestei a miña satisfacción por esta enquisa dun centro de recoñecido prestixio e sobre unha ampla mostra, que vá na liña doutras sondaxes privadas realizadas nestas datas.

A tendencia é clara en favor do PP de G, que parece merecer o respaldo da maioría dos electores que confían no candidato Alberto Núñez Feijóo. 

En todo caso e tendo en conta as desviacións de moitas sondaxes noutros comicios, considerei necesario ser moi prudentes e traballar con máis interese se cabe na campaña electoral xa que os únicos votos que contan son os do reconto do 25 S.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta