Eleccións 25-S: "con Cospedal pedindo o voto para Feijóo nas rúas de Barbadás

Recibimos onte en Barbadás a visita da secretaria xeral do PP, María Dolores Cospedal, que se reuniu coa nosa portavoz Chelo Vispo e os concelleiros e militantes neste importante concello

Cospedal pediu o apoio para dar estabilidade, tranquilidade, seguridade e confianza aos cidadáns que non queren aventuras ou bloqueos.

Lamentou que “moitos temos a sensación de que se nos toma o pelo”, xa que,  “vaise a unhas eleccións vótase, gaña o PP e non pode gobernar e nas segundas eleccións volve gañar o PP con máis votos e de novo non deixan que goberne, e algúns queren levarnos a unhas terceiras eleccións”.

Ante esta situación, preguntouse se “só valen o consenso e o diálogo cando benefician ao PSOE” para a continuación afirmar que o consenso e o diálogo “valen sempre que se quere axudar á xente e traballar polos cidadáns e iso é o que din Feijoo e Rajoy, dous galegos aos que necesitamos en Galicia e en España”, asegurou.

Con ela percorremos as rúas da Valenzá e Cospedal acompàñada polo presidente provincial Manuel Baltar, entrou en numerosos establecementos comerciais, talleres, cafeterías, etct, escoitando as inquietudes cidadás e tranmitindo a nosa mensaxe.

Terminada esta visita, despraceime ao barrio ourensán de O Couto, onde en compañía do alcalde Jesús Vázquez visitamos a asociación cultural Albor.

Logo tivemos un mitín no local da AA.VV no que interveu Miguel Santalices, o conselleiro de educación Román Rodriguez e o alcalde Jesús Vazquez que terminou a súa intervención recibindo a felicitación polo seu 49 aniversario.


Con la tecnología de Blogger.