PP e Cidadáns cumpren a sua obrigación, agora é o turno do PSOE

Por fin asinouse esta mañá, o acordo entre PP e Cidadáns que o presidente do Goberno en funcións e do Partido Popular, Mariano Rajoy cualificou como "un paso moi importante para conseguir o que di a razón, a lóxica e o sentido común, que é que España, despois de dúas eleccións e tras oito meses longos de Goberno en funcións, poida ter un Goberno".

"Agora, o candidato á investidura preséntase con 170 apoios. En moitas ocasións no noso país gañouse a investidura con bastantes menos apoio", lembrou  ao mesmo tempo que se dirixiu ao principal partido da oposición, o PSOE: " Cumprimos coa nosa obrigación e falta que os demais cumpran co que crean que é a súa obrigación"

Mariano Rajoy destacou que PP e Cidadáns fixeron "un bo traballo" e agradeceu aos equipos negociadores de ambas as formacións o seu esforzo. O importante é que de aquí puidese saír non só un voto a favor senón un Goberno estable, duradeiro e capaz de abordar o que houbese que abordar", sinalou antes de incidir en que "é moi importante e urxente que teñamos un Goberno en España con plenitude de funcións"

O presidente do PP subliñou por que as medidas acordadas conforman un pacto "moi positivo. En primeiro lugar, o acordo é bo para o noso país porque España necesita un Goberno en plenitude de funcións, xa que non ten sentido un Goberno que leve oito meses en funcións.

Así mesmo, "hai  razóns urxentes que aconsellan que á maior celeridade teñamos un Goberno", como son a aprobación dos Orzamentos Xerais de 2017 e o cumprimento dos compromisos europeos. De feito, esta razón enlaza coa seguinte, que é que "nada nos garante que a situación de incerteza política e a falta de Goberno non acabe facendo dano á economía española e aos intereses de todos os españois. E, finalmente, o pacto supón un paso máis para cambiar unha situación de anomalía por unha situación de normalidade"

Todo iso, continuou , porque " o razoable é que sexa o PP o que encabece un novo Goberno porque o PP é o partido que gañou as eleccións" ,tanto en decembro como en xuño e, é máis, como o único partido que mellorou entre ambas as citas electorais.

En canto ao contido en si do acordo, Rajoy expuxo que se divide en cinco grandes bloques, como son o crecemento económico, a competitividade e o emprego; o fortalecemento da sociedade do benestar e do coñecemento; a transparencia, a rexeneración democrática e a loita contra a corrupción; o fortalecemento das institucións e un novo financiamento das autonomías e a posición de España en Europa e no mundo.

En resumo, deixou claro que o pacto de investidura con Cidadáns ratifica que "o primeiro e máis importante é que o obxectivo para os catro anos ten que ser o crecemento económico, a competitividade da economía, a creación de emprego e o mantemento dos alicerces do estado do benestar",como son as pensións, a sanidade e a educación.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.