Os afiliados á Seguridade Social aumentan en 84.721 en xullo (0,48 %), deles 16.045 (1,67 %) en Galicia e 1.471 (1,48 %) en Ourense

Coñecemos hoxe por medio da Secretaría de Estado da Seguridade Social que a afiliación media á Seguridade Social alcanzou 17.844.992 ocupados en xullo, tras aumentar en 84.721 afiliados medios (0,48%) no último mes, o maior ascenso nun mes de xullo desde o inicio da crise.

Tamén en termos desestacionalizados aumenta a ocupación, neste caso 41.463 persoas, o mellor resultado nun mes de xullo do últimos dez anos.

O Réxime Xeral aumentou en 86.252 persoas (0,60%), ata alcanzar os 14.568.947 ocupados.

En xullo, a afiliación creceu en practicamente todos os sectores de actividade. Ademais de Hostalería, con 51.412 afiliados máis (4,10%), destacan Actividades Sanitarias e Servizos Sociais que aumenta en 48.192 (3,48%); Comercio e Reparación de Vehículos de Motor e Motocicletas, en 47.337 (2,07%); Actividades Administrativas e Servizos Auxiliares en 20.837 (1,76%) e Industria Manufactureira en 14.080 (0,83%). Hai que sinalar o descenso en Educación (-93.062) coincidente, como cada ano, co calendario académico.

En canto ao Sistema Especial Agrario experimentou un descenso de 29.557 afiliados (-3,85%), contando na actualidade con 737.940 afiliados medios.

Pola súa banda, o Sistema Especial do Empregados do  Fogar rexistrou 3.278 persoas menos (-0,76%), e suma 429.566 ocupados.

O Réxime de Autónomos conta con 3.205.027 persoas, tras rexistrar 4.351 ocupados menos (-0,14%). O Réxime Especial do Mar incorporou 2.934 ocupados (4,52%), chegando a súa cifra de ocupación a 67.915. Finalmente, o Carbón perde 114 afiliados medios tras descender o 3,55%.

A cifra de afiliados á Seguridade Social incrementouse durante o pasado mes na maioría das Comunidades Autónomas. Os maiores aumentos rexistráronse, en termos absolutos,  en Cataluña (26.197), Comunidade Valenciana (16.221), Galicia (16.045), Baleares (13.134), e Castela-León (9.046). A afiliación media baixa na Comunidad de Madrid (-14.552), A Rioxa (-1.124), Navarra (-1.019), Ceuta (-563) e Andalucía (-212).

Desde o punto máis baixo de afiliación ao Sistema (febreiro 2013) recuperáronse 1.694.245 ocupados dos máis de 3,3 millóns que se chegaron a perder durante a crise. É dicir, máis do 50%.

En termos interanuais, xullo pechou con 529.804 afiliados medios máis, o 3,06%, aumento que se debe en gran parte ao bo funcionamento do Réxime Xeral que suma 500.372 ocupados (3,56%).

GALICIA

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 973.973  ocupados en xullo, tras aumentar en 16.045 afiliados medios (1,67 %).

O Réxime Xeral conta con 735.238 persoas, o de Autónomos conta con 217.321  persoas. O Réxime Especial do Mar incorporou 21.415 ocupados.

En termos interanuais, xullo pechou con 16.094 afiliados medios máis, o 1,68 %

OURENSE

A afiliación media á Seguridade Social alcanzou 100.975  ocupados en xullo, tras aumentar en 1.471 afiliados medios (1,48 %).

O Réxime Xeral conta con 75.405 persoas e o de Autónomos conta con 25.570  persoas.

En termos interanuais, xullo pechou con 619 afiliados medios máis, o 0,62 %.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.