O paro rexistrado baixa en xullo en 83.993 persoas (-2,23 %), deles 11.863 en Galicia (-5,72 %) e 1.245 en Ourense (-5,38 %)

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais de paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2016.

Son os seguintes:

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en Xullo en relación co mes anterior en 1.245 persoas, un salientable -  5,38 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 2.197 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,11 %. 

O numero de parados queda en 21.911, deles 9.811 son homes e 12.100 mulleres, 20.753 son maiores de 25 anos e 1.158 menores.

Por sectores, 1.084 son da agricultura, 2.846 da industria, 2.492 da construción, 13.397 nos servizos e 2.092 do colectivo sen emprego anterior. 

Galicia:

O paro rexistrado de Galicia baixou en xullo en 11.863 persoas con respecto a xuño (un – 5,72  %)

O número de parados queda en 195.457, deles 87.743 son homes e 107.714 mulleres, 186.401 son maiores de 25 anos e 9.056 menores. O paro baixa das 200.000 persoas por primeira vez desde o verán de 2009.

Por sectores, 7.034 son da agricultura, 23.591 da industria, 22.571 da construción, 125.367 nos servizos e 16.894 do colectivo sen emprego anterior.

O descenso do paro este mes sitúa a Galicia, ademais, como a segunda Comunidade na que máis decrece con respecto a xuño e, polo tanto, cun comportamento mellor que o do Estado tanto en comparación con hai un ano como co mes pasado. Con respecto a xuño a diferenza coa media de España é de 3,49 puntos porcentuais.


O paro, ao igual que nos últimos meses, volve a baixar en todas as variables: nun -5,7% con respecto ao mes pasado; en todos os sectores de actividade; nas catro provincias; nas 7 grandes cidades; tanto en homes como en mulleres; e en todos os tramos de idade.
Con respecto aos sectores de actividade, o desemprego diminuíu en todos eles, liderando o descenso con respecto a hai un ano a construción nun -16,32%, seguido da industria cun -14,62%.
A nivel interanual os datos son moi positivos xa que 20.914 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,67 %. 
En termos interanuais o paro rexistrado baixa en A Coruña nun -9,89% seguida de Pontevedra cun -9,66%, de Lugo cun -9,40% e de Ourense cunha baixada do -9,11%.
España:

O número de parados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego baixou en xullo en 83.993 persoas en relación co mes anterior (-2,23 %) . Esta é a maior redución nun mes de xullo desde 1.997. 

Desta forma, a cifra total de parados rexistrados sitúase en 3.683.061, a máis baixa desde agosto de 2009. Durante os últimos 8 anos, en leste mesmo mes, o paro rexistrado diminuíu máis ou menos en 37.000 persoas.

 En termos desestacionalizados, o paro redúcese un mes máis en 48.573 persoas no mes de xullo. Trátase da maior redución de toda a serie nun mes de xullo. 

No último ano o paro baixou en 363.215 persoas. O ritmo interanual de redución do paro acelerouse no mes de xullo alcanzando o 8,98 %, o mellor dato desde o ano 1.999. 

O paro entre os mozos menores de 25 anos redúcese en xullo en 12.881 persoas (-4,29%) respecto ao mes anterior. 

O paro rexistrado baixa en todas as comunidades autónomas, entre as que destacan Andalucía (-23.651), Galicia (-11.863) e Cataluña (-9.044). 

O paro redúcese en todos os sectores económicos de procedencia dos traballadores. Nos Servizos en 51.275 persoas, en Construción en 10.220, en Industria en 10.049 persoas, e en Agricultura e Pesca en 3.980. Entre o colectivo de persoas Sen Emprego Anterior o paro diminuíu tamén en 8.469 persoas.

 A contratación indefinida aumenta un 11% O número de contratos rexistrados durante o mes de xullo foi de 1.816.271, o maior número de contratacións de toda a serie histórica nun mes de xullo. Supón unha subida de 20.558, un 1,14% respecto de xullo de 2015. A contratación indefinida representa en xullo un 7,6% das novas contratacións rexistradas.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.