Na presentación de “Rectoral de Amandi edición especial Manolo Arnoya”

Con Manuel Vázquez e Miguel Viso
Asisto onte pola tarde na Carballeira de Santa Cruz ao acto de presentación dun viño: “Rectoral de Amandi edición especial Manolo Arnoya”
En homenaxe ao fundador de Bodegas Galegas, falecido fai sete anos.



Trátase dunha edición limitada de 72 barricas, numeradas desde a data de nacemento de Manolo Arnoya.

Nese acto, os seus fillos Manuel e Myriam Vázquez lembraron a filosofía para facer viño do seu pai: traballo, cariño e sentidiño. E engadiron que iso é o que queren manter neste grupo de empresas cuxa principal actividade é o viño embotellado, viño de calidade, con presenza nas D.O. Ribeira Sacra, Rías Baixas e Ribeiro, e tamén viños varietais sen denominación de orixe.

Un Grupo o que a exportación, xa supón un 30% das vendas e  que ten presenza en 55 países.

Nesta acto gozamos da actuación do gaiteiro Carlos Núñez. E a gran sorpresa da noite, foi a proxección dun documental sobre a vida e a traxectoria profesional de Manuel Vázquez "Arnoya". Un documental que recolle os testemuños de traballadores do grupo adegueiro, da víuva Plácida Vázquez e dos fillos e tamén de varios amigos do empresario.

 https://www.youtube.com/watch?v=6B81vuxmTGU

Celebro moito ser convidado a este acto que serviu para lembrar a este gran empresario ao que tiven a satisfacción de coñecer na miña etapa de secretario adxunto da Cámara de Comercio e Industria de Ourense.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.