viernes, 1 de julio de 2016

Excelente resultado no primeiro semestre das matriculacións de coches

Hoxe coñecemos que Xuño, con 123.790 matriculacións de coches e un incremento do 11,2% marcou o mellor dato para un mes en seis anos. Con este resultado, o mercado español acumula xa catro meses de maneira consecutiva por encima das 100.000 unidades. O primeiro semestre presenta un resultado excelente, cun crecemento do 12,2% e un volume de 623.234 unidades, o mellor semestre desde o ano 2008.

Galicia rexistrou un total de 20.432 matriculacións durante a primeira metade de 2016, o que supón un aumento do 6,7% con respecto ao mesmo período de 2015, segundo datos das asociacións de fabricantes (Anfac), concesionarios (Faconauto) e vendedores (Ganvam). Durante o mes de xuño, as entregas de turismos e todoterreos en Galicia alcanzaron un volume de 3.728 unidades, cifra un 6,6% superior a rexístrada en xuño do pasado exercicio.

O ritmo de reservas do Plan PIVE 8 acelerouse nas últimas semanas, algo que adoita ocorrer cando o mesmo está a finalizar. A día de hoxe consumíronse un total de 200 millóns de euros, polo que unicamente quedan 25 millóns de euros antes de que o Plan finalice, o próximo día 31 de xullo.

Este Plan está a ser un dos elementos principais de incremento continuado da canle de particulares.

Os menores tipos bancarios, a reforma fiscal, a redución das cotas hipotecarias, a baixada do IPC,a redución dos custos enerxéticos para as familias e a baixada do combustible provocaron un aumento de renda dispoñible que, á súa vez, derivou en que o gasto por fogar creza por primeira vez desde 2008. Os vehículos constitúen un elemento principal dese investimento das familias, o que produce un incremento constante do consumo privado sobre o que se sustenta o crecemento económico español. A evolución destes factores é positiva para os próximos meses, polo que a xuizo de ANFAC, FACONAUTO e GANVAM a tendencia do mercado seguirá á alza.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta