O Eixo Atlántico acada desde a súa posta en servizo a cifra de 3.660.000 viaxeiros

É sabido o meu interese polos temas ferroviarios de Galicia, como o acreditan as moitas entradas deste Blog sobre a citada materia.

A mellora dos servizos tamén me leva nos últimos tempos a utilizar con maior frecuencia este medio de transporte nas miñas viaxes, especialmente desde Ourense cara a Madrid,  e  cara a Santiago.

Con todo non adoito utilizar os servizos ferroviarios do Eixo Atlántico por razóns de ter o meu domicilio en Ourense, pero as circunstancias deste fin de semana leváronme a viaxar desde Vigo a Santiago para asistir á entrega das Medallas de Galicia.

Foi en concreto o pasado domingo 24 de xullo. Tomei na estación de Vigo-Urzaiz o tren das 11,15 que presentaba unha boa ocupación. Ás 11,29 horas, é dicir tan só catorce minutos despois o convoi detíñase na estación de Pontevedra.


Dous minutos despois deixamos a cidade do Lérez e ás 11,46 chegabamos a seguinte parada en Vilagarcía de Arousa.

En pouco máis dun minuto renovabamos a viaxe que nos levou a cruzar en Catoira o espectacular viaduto sobre o Río Ulla que é sen dúbida a principal e máis espectacular estrutura do Eixo Atlántico (1.620 m de lonxitude , que ostenta un récord mundial de luz anchura entre alicerces para pontes ferroviarias metálicos, cos seus 240 m) e que contou cun investimento total de 117,5 millóns de euros.

Un viaduto que salva o citado río preto da súa desembocadura e que tiven a oportunidade de visitar en febreiro de 2015 con ocasión das previas e necesarias probas de carga. 

Continuamos logo por Padrón ata chegar ás 12,07 a Santiago de Compostela. Unha viaxe na que cubrimos o 93,9 km de lonxitude de distancia entre Vigo e a capital de Galicia  (deles 39,7 km de túneles e 12,2 km en viadutos) en tan só 52 minutos.

Sinalar que todo o trazado do Eixo Atlántico entre Vigo e Coruña de 155,6 km de lonxitude total, está xá en servicio comercial desde o 18 de abril de 2015.

E resaltar que desde aquela data, ata o 30 de xuño de 2016 alcanzou a cifra de 3.660.000 viaxeiros.

Unhas cifras que acreditan o acerto dese necesario investimento. E é que cando os cidadáns reciben ofertas ferroviarias de calidade, con importantes aforros de tempos de viaxe, aumento de confort e prezos competitivos utilizan os trens en lugar de desprazarse por estrada. 

Agora trátase de seguir mellorando - por exemplo na implantación do sistema europeo de xestión do tráfico ERTMS, e máis adiante, na última fase prevista que será a de adaptación de todo o Eixo ao ancho UIC -  e de avanzar na planificación para completar este Eixo que foi concebido para discorrer de norte a sur polo litoral atlántico entre Ferrol e a fronteira portuguesa ao longo de 241 kilómetros, comunicando cinco das sete maiores ciudades gallegas. 

Considero tamén de xustiza facer un recoñecemento ao bo facer do persoal de ADIF que mantén á infraestrutura e da operadora  RENFE que xestiona o Servizo Público en Galicia.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.