A Xunta executará na comarca de Ourense 13 novas sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe

Quero celebrar que hoxe a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, acompañada pola delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz; o alcalde, Jesús Vázquez; e o director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez; presentaron as actuacións do Plan de Sendas de Galicia na comarca de Ourense, onde se executarán 13 novas sendas, que suman 16 km e un investimento de máis de 2,6 millóns de euros.

Vázquez Mourelle concretou que a Xunta xa ten o estudo rematado e agora encargarase a redacción dos proxectos que permitirán executar as obras nos distintos treitos de sendas cualificados como necesarios e prioritarios. Engadiu que ao longo do outono os técnicos contactarán cos alcaldes dos distintos municipios para concretar os proxectos dos itinerarios peonís e ciclistas e avanzar nos detalles técnicos.
A conselleira explicou que antes de que finalice o ano estarán en redacción todos os proxectos das sendas da comarca de Ourense, para proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo.
Ethel Vázquez subliñou que esta iniciativa ten como obxectivo que os veciños de Ourense e do seu contorno poidan ter, canto antes, sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe para realizar os seus itinerarios habituais.
O Goberno galego inclúe neste proxecto sendas como as seguintes: parques empresariais (Pareiro e San Cibrao), A Ponte Sevilla, A Derrasa, Montealegre, A Medorra, Valdorregueiro, Reza, Paiseo, Rabaza, Perdigón, Santa Baia e As Vendas. 
Nesta ligazón pódese consultar información relativa a estas actuacións.
https://prezi.com/hhyqmakxnlsn/sendas-de-galicia_ourense_pub/?utm_campaign=share&utm_medium=copy

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.