Fátima Báñez:"Queda moito por facer, pero imos na dirección de seguir creando emprego para os mozos"

Esta mañá recibimos en Ourense a visita da ministra de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, que estivo reunida coa Xunta Directiva do PP de Ourense.

Falou dos avances realizados desde decembro de 2011 para reducir o desemprego en España onde grazas ao esforzo e ao compromiso de toda a sociedade española, estamos a vivir hoxe unha recuperación moi social.

Bañez referiuse aos últimos datos de paro rexistrado, nos que por primeira vez desde agosto de 2010 baixamos dos catro millóns de parados. "Quedan aínda 3.891.403 parados pero estamos empeñados en que esas cifran sigan baixando". 

Lembróu que segundo Eurostat, 1 de cada 2 persoas que abandonan o desemprego en Europa fano en España e a afiliación reflicte unha intensa creación de emprego con case 200.000 empregos no mes de maio".

Tamén falou de que esta recuperación do emprego está a afectar aos sectores máis damnificados pola crise, os parados de longa duración e os mozos. Destes últimos resaltou que en Ourense a taxa de paro xuvenil está a baixar a un ritmo do 12 %, algo que a coloca entre as provincias de España nas que máis baixa. "Queda moito por facer, pero imos na dirección de seguir creando emprego para os mozos", dixo.

Destacou que recuperamos 1 millón e medio de empregos, case a metade dos máis de 3 millóns destruídos durante a crise. Recuperamos máis da metade do traballo autónomo, 220.000 dos 390.000 empregos destruídos, e xa recuperamos todo o emprego feminino destruído. "Xa hai 110.000 mulleres traballando máis que ao comezo da crise económica".

Tamén se referiu a outros compromisos electorais do PP na materia: un novo modelo de formación máis orientado ás necesidades do tecido produtivo, unha aposta polo emprendemento ampliando a tarifa plana de 50 euros para a creación de empresas de seis meses a un ano, que o primeiro emprego novo
non tería que cotizar polos seus ingresos a Facenda durante o primeiro ano e  a medida de que os primeiros 500 euros de salario están exentos de cotizar á Seguridade Social durante dous anos, pasaría a ser catro anos.

Tamén falou do compromiso do goberno de Mariano Rajoy de seguir traballando para manter o noso gran sistema de Seguridade Social, e dando a seguridade que os nosos pensionistas merecen.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.