De campaña nos barrios de Ourense

Onte e hoxe centrei a miña presencia na campaña electoral na cidade de Ourense, recorrendo  as rúas de diferentes barrios. 

Un bo medio para escoitar como pensan os nosos vecinos, recibir propostas e críticas,  trasladar as nosas mensaxes.

O sábado estivemos nas rúas do populoso barrio de A Ponte na compañía do concelleiro popular José Araújo e un nutrido grupo de simpatizantes e miitantes.

E hoxe pola mañá acudín acompañando a Jesús Vázquez primeiro a piscina Rosario Dueñas onde se celebraba un campeonato de natación sicronizada, e logo ao barrio do Couto.

E pola tarde percorrimos o barrio da Cruz Alta rematando ás 20,30 horas no local de A Follateira, onde celebramos un mitin no que participei e no que interviron Amelia Belmonte, Belén Gómez e Jesús Vázquez.

Falei do programa do Partido Popular centrado no crecemento económico e na creación de emprego como medio para garantir o estado do benestar, e poder soster o sistema de pensións, proporcionar axuda aos maís necesitados, e prestar mellores servizos píblicos.

Pedín a confianza no PP porque soubo poñer a España na senda da recuperación, aínda que somos conscientes de que estamos na metade do camiño e que resta moito por facer para que esa recuperación chegue a todos.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.