O PP de G fará unha campaña “moi en positivo”e que aposte por maiores fórmulas de participación

Participo esta mañá en Compostela no primeiro Comité de Campaña do PPdeG para os próximos comicios nacionais, que presidiu Miguel Tellado que en declaración posteriores afirmou que os populares farán unha campaña que aposte por maiores fórmulas de participación, facendo menos mítines, con máis presenza na rúa, máis conversa cos veciños, e con “menos moqueta e máis beirarrúas”. 

Admitiu que xa temos en marcha toda a maquinaria electoral do partido nas catro provincias para permitirnos sacar os resultados que merece o PPdeG, que é a primeira forza política na nosa comunidade.

Nesta liña, indicou que traballamos no deseño dunha campaña que vai vir marcada polo clima xa que non é mesmo facer unhas eleccións en decembro que en xuño, podendo aproveitar as posibilidades climatolóxicas para sacar a campaña á rúa. 

Tellado tamén apuntou que os populares explicaremos nestes comicios cal é o seu proxecto de futuro para o país e cales son os riscos que corre España se cae en mans dun partido como Podemos ou dunha coalición -necesaria para evitar que goberne o PP- que estaría formada polo partido de Pablo Iglesias, o PSOE e partidos separatistas e da esquerda máis radical.

Afirmou que faremos unha campaña “moi en positivo”, ao tempo que explicou que non ten sentido entrar na estratexia de crispación que leva a cabo a oposición e que apelarán á razón e a criterios obxectivos que  demostran que o mellor para o noso país é que continúe habendo en España un Goberno do PP.

No plano político, tamén asegurou que estes serán uns comicios  diferentes, xa que en decembro o enfrontamento era entre o PP e o PSOE pero, tralo ocorrido nos últimos meses, agora  a polarización será entre o PP e Podemos. Nesa liña, tamén engadiu que Podemos estalle pasando pola esquerda ao PSOE e que eles serán o eixo central da esquerda en lugar dos socialistas.

Por último, subliñou que asumimos o reto co obxectivo irrenunciable de seguir sendo o primeiro partido de Galicia e o referente da maioría dos galegos xa que “só o PP garante a estabilidade política e institucional que é o que precisamos para seguir crecendo no plano económico e para seguir creando emprego, que é o que máis preocupa á cidadanía”.

https://www.youtube.com/watch?v=nRY_eRGDzPg

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.