No faladoiro de Radio Voz

Interveño esta mañá no faladoiro  de Radio Voz que modera Antía Díaz Leal e no que tamén interviron Pepe García, Roberto Blanco Valdés  e Xosé Gago.

Falamos en primeiro lugar da alianza entre Podemos e EU. Dixen que se fose militante socialista estaría moi preocupado por esta coalición electoral que aspira a disputarlles o liderado da esquerda. E engadín que a integran dous partidos que se necesitan, PODEMOS por canto as súas expectativas electorais están en retroceso. E esquerda Unida por problemas de índole económica e de asignación de escanos pola lei electoral vixente. En todo caso a suma de porcentaxes de dúas forzas que se coaligan non sempre dá como resultado o resultado numérico exacto esperado.

Comentamos logo os problemas de En Marea. Dixen que esta peculiar forza política vive nestes momentos a súa peor crise interna. Con notorios desacordos en canto ao tipo de organización e á elección de candidatos, como por exemplo a presidencia da Xunta. O seu modelo de partido é o dunha formación desunida, na que cada integrante ten os seus propios intereses, onde importan máis os nomes propios e o protagonismo persoal, sen proxectos nin ideas máis alá que arrebatarlle o poder ao Partido Popular, un poder que parece que esquecen gañou democraticamente e co apoio da maioría de cidadáns.

Ademáis falei da loita de egos entre Xosé Manuel Beiras e Yolanda Díaz, chea de tensión que aumenta, reflectindo como os que antes dicían admirarse mutuamente, agora non teñen reparos en facer de menos ao outro para botalo a un lado.

Salientéi que o máis preocupante da situación é que este é o panorama antes de nin tan sequera chegar a gobernar nada. Se son incapaces de chegar a acordos sobre a súa formación, resulta imposible crer que puidesen chegar a un punto de entendemento sobre un goberno.

Finalmente falamos das críticas do alcalde de Ferrol a Miguel Tellado, novo secretario xeral do PPdeG

Dixen que se trata dun compañeiro preparado, bo polemista e co que estamos encantados de traballar. E que seguirá plantando cara a aqueles que como o dirixente de ANOVA, Xosé Manuel Beiras non respetan as mínimas regras do comportamento parlamentario.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta


Con la tecnología de Blogger.