O Servizo
Público de Emprego Estatal difundiu hoxe os datos oficiais do paro rexistrado
correspondentes ao mes de abril de 2016
Son os
seguintes:
Ourense:
Descende o
paro rexistrado en abril en relación co mes anterior en 211 persoas, baixou un
– 0,81 %.
O número de
parados queda cifrado en 25.723, deles 11.887 son homes e 13.836 mulleres,
24.251 son maiores de 25 anos e 1.472 menores.
Por sectores,
1.363 son da agricultura, 3.238 da industria, 3.022 da construción, 15.728 nos
servizos e 2.282 do colectivo sen emprego anterior.
En termos
interanuais e absolutos,Ourense rexistra un salientable comportamento,
xa que temos 1.413 parados menos que en abril de 2015 (- 5,21 %).
Galicia:
O paro
rexistrado de Galicia baixou en abril en 3.644 persoas con
respecto a marzo, un – 1,57 %.
O número de
parados queda fixado en 228.153, deles 104.414 son homes e 123.739 mulleres,
216.141 son maiores de 25 anos e 12.012 menores.
O paro descendeu en todos os sectores. A industria lidera a baixada con respecto ao ano pasado (-13,53%), seguido da construción (-12,52%).
Por sectores, 8.519 son da agricultura, 27.228 da industria, 26.875 da construción, 146.915 nos servicios e 18.616 do colectivo sen emprego anterior.
Ademais, as catro provincias galegas rexistraron menos parados que hai un ano e tamén comparado con mes pasado. A que máis reduciu o número de desempregados con respecto a abril de 2015 foi A Coruña cun -7,45%, seguida de Pontevedra cun -6,97%, de Ourense cun -5,21% e de Lugo cun -5,15%.
En termos interanuais, Galicia rexistra
un excelente comportamento, xa que temos 16.608 parados menos que en abril de
2015 (-6,79).
Galicia conta hoxe con 62.306 parados menos que en abril de 2013, cando comezou a lexislatura galega.
Por terceiro ano consecutivo redúcese o paro nun mes de abril e a
Comunidade leva dous anos e medio de baixadas consecutivas interanuais. Galicia sitúase a niveis de paro inferiores aos de hai 6 anos.
Galicia
conta hoxe con menos mozos menores de 30 anos en paro, un -2,36%.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta