Na presentación do estudo sobre “Turismo Termal en España”
Asisto hoxe
na Casa de Galicia, en Madrid, ao acto de presentación do estudo sobre “Turismo
Termal en España”, que contou coa participación do presidente da Deputacion Provincial, Manuel Baltar, o director xeral da Escola de Organización Industrial (EOI),
Fernando Bayón; o director xeral da “Vuelta a España”, Javier Guillén, o
director da Casa de Galicia en Madrid, José Ramón Ónega e Mario Crecente,
director do estudio nacional, é o redactor do Plan Termal Provincial.
Fernando
Bayón destacou “a alianza estratéxica entre a EOI e a Deputación de Ourense
para impulsar proxectos que aplican a innovación en ámbitos como o termalismo
ou o fomento do emprego”, e subliñou “o traballo planificado e a visión
integral de provincia de Manuel Baltar para desenvolver iniciativas que achegan
valor promocional e económico ao territorio ourensán”.
Pola súa
banda, Javier Guillén remarcou o protagonismo que este ano ten a provincia de
Ourense “unha edición 71ª na que cobra unha especial relevancia o termalismo,
pois, ademais da denominación da proba como “Ourense Termal-Madrid”, será en
contornas termais onde teña lugar a saída e onde se disputen as primeiras
etapas, concretamente catro, na provincia de Ourense”.
Mario Crecente director deste estudo “Turismo Termal en
España” salientóu que é un traballo de investigación impulsado pola Escola de
Organización Industrial e cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Ministerio
de Industria, Enerxía e Turismo.
Dixo que o obxectivo do estudo é potenciar o
subsector do turismo termal en España a través da identificación de novas
oportunidades de negocio e a configuración dunha oferta turística novidosa e
innovadora que axude a diversificar un sector maduro como é o do turismo.
Crecente sinalóu que levaron a cabo unha análise do
sector, identificando as necesidades en materia de investigación, innovación,
capacitación e formación, co fin de mellorar a adaptación do sector termal ás
novas tendencias do mercado nacional e internacional e contribuír así á mellora
da competitividade do sector turístico español.
Pechou o acto o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, quen propuxo “levar a
cabo un gran “pacto termal nacional” para promocionar o termalismo español no
mercado mundial”. Destacou “as potencialidades e singularidades sociais e
económicas que ten o termalismo “situando a Ourense como a provincia
protagonista do turismo termal de España e un referente no turismo de ocio e
saúde en Europa”.
Baltar
remarcou o auxe do termalismo, “que é unha panca de desenvolvemento en Ourense,
capital da eurorrexión Galicia-Norte de Portugal”, subliñando como exemplo “a
ocupación do 100 % das prazas en establecementos termais que se produciu na
pasada Semana Santa na provincia ourensá”.
Con Mario Crecente, director do Estudo |
A isto
únense, segundo Manuel Baltar, a construción de infraestruturas
termais; programas para pór en valor as propiedades terapéuticas das augas
mineiro-medicinais; as actividades socio-culturais que se realizan nas
instalacións termais da provincia de Ourense; a investigación e a docencia por
medio do Campus da Auga, “con retos e obxectivos compartidos polo goberno
provincial e a Universidade de Vigo”, e tamén o impulso do “Termalismo
Deportivo”, coa presenza de seleccións internacionais en instalacións termais
ourensás. “Todo elo constitúen factores que visibilizan a marca Ourense e
diversifican a oferta do termalismo da provincia de Ourense, propostas ás que
agora se incorporan a piscina termal flotante de Laias e a viño-terapia en
Leiro, innovacións para os novos tempos do noso termalismo”, dixo.
Recomendo a lectura desta excelente publicación, froito dun traballo rigoroso.
Recomendo a lectura desta excelente publicación, froito dun traballo rigoroso.
http://www.eoi.es/savia/documento/eoi-80475/turismo-termal-en-espana
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta