Sobre o vindeiro Pleno do Congreso dos Deputados

O vindeiro martes  teremos sesión plenaria  que comezará cun debate da proposición de lei de Cidadáns relativa á modificación do réxime de taxas xudiciais, establecido por Lei 10/2012, do 20 de novembro, para a exención das entidades sen fins lucrativos que optasen polo réxime fiscal especial da Lei 49/2002, do 23 de decembro,  de réxime fiscal especial das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, e os suxeitos pasivos que teñan a consideración de entidades de reducida dimensión de acordo co previsto na normativa reguladora do Imposto sobre Sociedades. 

A continuación, procederase ao debate de toma en consideración da proposición de lei do Grupo de Esquerra Republicana sobre o dereito ao voto dos maiores de 16 anos. 

Posteriormente debateranse dúas Proposicións non de Lei, do Grupo Popular, sobre o Pacto Nacional de Educación; e ao Grupo Socialista, sobre reforma fiscal e loita contra a fraude. Para este Pleno está prevista inicialmente a sesión de control ao Goberno en funcións. 

Tamén se decidirá o mércores sobre a constitución, a petición do Grupo Podemos- En Comú Podem- En Marea, dunha Comisión de Investigación sobre o Voto Rogado, así como a creación dunha Subcomisión para estimular o emprego entre o colectivo de menores de 30 anos, aprobada xa na Comisión de Emprego.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.