jueves, 21 de abril de 2016

En Radio Líder Ourense

Participo hoxe como invitado no faladoiro da emisora Radio Líder Ourense, nun programa magazine que  conduce Juan José Feijóo.

Compartín  micrófono con José Luis Rodríguez Cid, Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo”  e Benito Iglesias. E falamos fundamentalmente de infraestruturas que afectan á provincia de Ourense, en concreto da autovía A-76 e das obras para a chegada da  alta velocidade a Ourense.

Sobre a autovía Ourense-Ponferrada dixen que estabamos ante unha actuación decisiva para a conexión de Galicia con Castela-León e para dotar de boas comunicacións ás comarcas de Lemos, Valdeorras e o Bierzo.

Insistín en que a actual estrada nacional 120 non reúne as condicións de calidade necesaria para satisfacer as necesidades actuais e futuras e que era unha reclamación xusta e necesaria. E que as obras a executar serán respetuosas co medio ambiente como establece a DIA.


Respecto das obras para traer a alta velocidade a Galicia, destaquei o enorme esforzo orzamentario que se fixo nesta lexislatura e que isto posibilita que – despois da inauguración en decembro pasado das novas vías ata Zamora -  xa esteamos hoxe nun tempo de viaxe desde Ourense a Madrid inferior ao que se inviste utilizando un automóbil.

Resaltei que o máis importante non é do debate das datas de remate final, senón o do esforzo orzamentario para impulsar unhas obras moi necesarias. E comproimetín desde o PP vontade política e recursos orzamentarios para seguir impulsando esta obra de Estado.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta