Rajoy: "A proposta do PP é a máis sensata e a que máis se axusta á vontade dos españois"

Asisto hoxe en Barcelona á Convención do PP sobre o Pacto polo Fortalecemento Institucional, que foi inaugurada pola secretaria xeral do Partido Popular, María Dolores Cospedal que lembrou unha vez máis que o Partido Popular está disposto ao acordo e ao diálogo porque "o acordo, o consenso e o diálogo foron sempre o compás que nos axudaron a ser mellores", á vez que sinalou que "todos xuntos somos máis fortes e só desta maneira poderemos ofrecer ás futuras xeracións un proxecto de España moderna, próspera e que garanta a igualdade de oportunidades para todos".

A vicepresidenta do Goberno en funcións do Partido Popular, Soraya Saánez de Santamaría, que moderou unha mesa de traballo, dixo que "a pedra angular para desenvolver un proxecto de convivencia é a defensa da unidade" e  pediu "que ninguén espere do Partido Popular nin inventos nin improvisacións". "O noso proxecto para España, o noso propósito para formar Goberno, baséase nun acordo coas forzas constitucionais. Foi nosa oferta desde o principio e o será ata o final", explicou.

A presidenta do Partit Popular Català, Alicia Sánchez-Camacho, que moderou a mesa, "Mellor goberno, mellor democracia", dixo que o PP é o artífice das normas encamiñadas á rexeneración democrática e destacou o programa reformista que impulsou o Goberno presidido por Mariano Rajoy. "Somos o partido do bo goberno e o único que defende con firmeza e sen titubeos a unidade de España". Expresou que o obxectivo da rexeneración democrática foi o leitmotiv do Goberno que preside Mariano Rajoy desde o seu primeiro Consello de Ministros. Lembrou que Rajoy xa propuxo no debate sobre o Estado da Nación de 2013 un pacto pola transparencia e a corrupción, que tivo un amplo respaldo no Congreso, sen contar co apoio do PSOE, o principal partido da oposición.

O coordinador xeral do PPC, Xavier Garcia Albiol, afirmou na súa intervención que "queremos unha Cataluña forte dentro do gran proxecto que é España. Este é o proxecto do Partido Popular e o que seguiremos defendendo con Mariano Rajoy na Moncloa". Para García Albiol, "só hai un camiño, o da unidade, porque os que se dividen son débiles e os que avanzan xuntos son fortes".

Pechou a Convención o presidente do goberno en funcións e do PP Mariano Rajoy. Da súa intervención resaltamos os seguintes titulares:

- A proposta do PP é a máis sensata e a que máis se axusta á vontade dos españois.

 - O que de verdade necesita España é un Goberno estable, que xere confianza dentro e fóra. O que necesitamos é un Goberno en serio.

 - O que sexa España decidímolo entre todos porque España é de todos e todos temos dereito a decidir sobre o que é de todos.

 - A igualdade dos españois é un principio básico ao que este partido non vai renunciar nunca.

 - Todos estamos sometidos á lei e todos temos que cumprila.  
- Os españois fomos capaces de superar xuntos moitas divisións. 

- Queremos unha Cataluña en España e que siga sendo locomotora e parte importante dela. 

- Non queremos que ninguén senta estranxeiro na súa casa, nin queremos divisións entre familias.

Non se vai a permitir ningunha quebra da soberanía nacional.
  
- Farei todo o que sexa necesario para que ningún catalán senta esquecido polo Goberno de España.

Nós sempre estivemos dispostos a falar con todo o mundo pero sempre dixemos que coa unidade de España, coa soberanía nacional e coa igualdade entre españois non se xoga.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.