martes, 19 de abril de 2016

Hoxe máis que nunca faise necesario manter o rumbo económico, baixo as premisas da perseveranza e do sentido común

Asisto esta mañá na Comisión de Economía do Congreso, á comparecencia do ministro de Economía e Competitividade en funcións, Luis de Guindos a petición propia para dar dar conta dos principais elementos do programa de estabilidade e do plan nacional de reformas que están elaborando; ambos terán que ser aprobados polo Consello de Ministros para ser remitidos a Bruxelas antes do final deste mes. 

No debate a portavoz de Economía do GPP,  a pontevedresa, Irene Garrido,  advertiu que "a demagoxia e a incerteza política poden facer perigar a confianza". 

Na súa intervención dixo que "hoxe máis que nunca" faise necesario manter o rumbo económico, baixo as premisas da "perseveranza e do sentido común", para que a recuperación e a creación de emprego sigan afianzándose e podamos deixar atrás a crise. 

Garrido fixo un repaso á situación económica herdada en 2011 polo Goberno de Rajoy, "cando a sombra do colapso económico facíase máis grande", un escenario que o Executivo do PP afrontou con tres grandes compromisos: "Deter a sangría do paro, estimular o crecemento e regresar á creación de emprego". "E estamos en condicións excelentes de terminar esta tarefa", remarcou. 

Fixo balance deste últimos catro anos con "un país que crece por encima da zona euro, cunha intensa creación de emprego, a unha taxa do 3%, e co paro diminuíndo a un 12,49%, sendo o maior descenso de toda a historia da EPA". 

Durante a súa intervención, Garrido referiuse aos elementos fundamentais do Plan de Estabilidade 2016-2019, así como ao Plan Nacional de reformas, que sobre a base de "previsións conservadoras, e a condición de que non se trunque por factores alleos, permitirá manter a confianza para continuar co crecemento e o emprego". 

A portavoz popular aludiu igualmente á corrección das previsións de crecemento e das variables macroeconómicas nun panorama global de desaceleración, que se suman ás levadas a cabo por diferentes organismos internacionais, destacando que, a pesar destas previsións, "España segue crecendo por diante das principais economías avanzadas e creando emprego". 

Respecto diso da axenda fiscal e da modificación da senda de redución do déficit por baixo do 3%, Garrido recalcou que, tal e como dixo no seu momento o gobernador do Banco de España, para manter a confianza e perseverar na aplicación das reformas estruturais que reduzan as vulnerabilidades da economía e permitan mellorar a súa capacidade de crecemento futuro, "resulta esencial culminar a consolidación fiscal". 

"O mundo ten serias ameazas", destacou, "e só o esforzo realista que foxe das promesas de paraísos que non existen pode facernos avanzar".