Semana Santa en Ourense

Ourense presentóu o Xoves, Venres e hoxe Sábado Santo un aspecto cosmopolita nas súas rúas e prazas pois a afluencia de turistas de todas as procedencias está a ser moi considerable.

O xoves o clima foi magnífico e as primeiras choivas chegaron o venres e algo o sábado pero nunha intensidade que apenas afectou á actividade dos visitantes e ourensáns que decidiron quedar na súa cidade.

Ademais hai que resaltar que a Semana Santa contou este ano cunha alta participación de fieis nas procesións e oficios relixiosos. 

Un exemplo claro foi o da procesión do Santo Enterro que, partindo da Catedral, percorreu as rúas da zona vella de Ourense (Lepanto, Praza do Ferro, Santo Domingo, Parque de San Lázaro, Paseo, Lamas Carvajal e Praza Maior) acompañada de centenares de crentes, entre os que me inclúo.

Unha procesión que está formada por un total de nove pasos: a Santa Cea, portada pola Adoración Nocturna; a Flaxelación, que portou a comunidade neocatecumenal de Santa Teresita; Jesús Nazareno, levada pola confraría do Sacro Corazón; o Santo Cristo do Perdón, portado pola confraría de Santa Marta de Velle; o Santo Cristo, trasladado pola confraría da parroquia de San Pío X; a Piedade, que levaron en andas os membros da parroquia de Fátima, no Couto; a Cruz Espida, portada pola parroquia de Cristo Rey; a Urna do Sepulcro, da que se encargaron os alumnos do Seminario Maior, e a Dolorosa, que foi trasladada pola confraría de Santa María Nai.

Dá constancia da beleza destes pasos este vídeo elaborado por Telemiño:
http://www.laregion.es/video/videos-ourense/procesion-viernes-santo-ourense/20160326113431610383.html

Tamén destacarei a procesión da Soidade (chamada dos caladiños) que saíu ás sete horas desta mañá desde a igrexa da Santísima Trindade, percorrendo en silencio as rúas da zona vella ata a Catedral.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.