Parada do Sil: "un paraíso natural"

Visito hoxe o concello ourensán de Parada do Sil, un auténtico paráiso natural, que por ser día festivo rexistraba una gran afluencia de turistas e excursionistas.

Achegueime ata o miradoiro de Os Torgás (ou Balcóns de Madrid) onde as vistas do canón do Sil e dos espazos abertos de montaña son espectaculares. Xusto enfrente está o concello lucense de Sober, outro paráiso natural.

Logo estiven no mosteiro beneditino de Santa Cristina de Ribas de Sil, encravado nunha fermosa e grandiosa paraxe á beira do río Sil, no castañal de Merilán, por debaixo do monte Varona.

Como dí a web do Concello, constitúe un dos grandes encantos monumentais e espirituais da Ribeira Sacra, de máximo interese dende o punto de vista artístico e arquitectónico.

Recomendo a todos que visiten estas terras, disfruten da natureza e das paisaxes, do seu microclima especiai, das fermosas carballeiras e antigos soutos, e da hospitalidade das suas xentes.

http://www.paradadesil.es/index.html

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.