Máis seguridade na estrada N-525 entre Ourense e Cambeo

Onte os deputados ourensáns do Partido Popular, Miguel Ángel Viso e Celso Delgado reunimonos con membros da “plataforma pola seguridade na N-525”, no tramo comprendido entre Ourense e Cambeo.

Ambos integrantes da comisión de Fomento (Celso Delgado como vicepresidente segundo e Miguel Viso como vogal) escoitamos con atención as preocupacións e solicitudes da plataforma, para mellorar a seguridade neste tramo e reducir o perigo.

Nosoutros, informamos aos membros da plataforma que o Ministerio de Fomento, consciente de que este é o tramo da provincia máis conflitivo en canto a accidentes, leva moitos meses traballando neste tema e como decisión máis recente sinalamos que o pasado 7 de outubro de 2015 licitou por medio da “Sociedade Estatal de Infraestruturas del Transporte Terrestre, Sociedad Anónima (SEITT), obras de rehabilitación de firmes, por valor de 984.803 euros, para executar actuacións que afectan as estradas N-120, N-544  e a N-525  en diversos pp.kk dos termos municipais de Ourense, Coles e San Cibrao.

Está incluida polo tanto nesa licitación a realización na N-525 entre os Pk.241 a 246 dunha mellora do firme (executando un microaglomerado en frío para maior agarre dos vehículos),  a renovación da sinalización horizontal con resaltos sonoros, captafaros no eixo e elementos plásticos que marquen o eixo que delimitan os dos dous sentidos de circulación. E tamén vaise estudar a ordenación de algúns accesos.

Ademais, lembramos aos membros da plataforma que nos últimos anos acometéronse polo Ministerio de Fomento outras actuacións para a mellora da seguridade vial, limitando a velocidade  ( pasou de 100 km/h a 70 Km/h) reforzando a sinalización vertical (sinais de alta visibilidade indicando a limitación de velocidade), prohibindo o adiantamento sentido Ourense con marcas viais dobles con resaltos sonoros.

Tamén, salientamos a instalación pola Dirección General de Tráfico de radares fixos e móbiles no tramo, aos que agora tamén se sumará un radar de tramo.

Estas intervencións axudaron a reducir substancialmente no último ano o número de accidentes e, sobre todo, a gravidade dos mesmos.

Por último, tamén lembramos  aos representantes da plataforma que está en fase de proxecto o tramo da A-56 entre Ourense e Cambeo, que no futuro reducirá de modo notable o tráfico na N-525.

En definitiva deixamos constancia de que a mellora da seguridade vial nestre tramo entre Ourense e Cambeo é unha prioridade para o Goberno e que traballouse e seguirase traballando para incrementala.


Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta



Con la tecnología de Blogger.