miércoles, 17 de febrero de 2016

A porcentaxe de débeda pública sobre o PIB redúcese por primeira vez desde o inicio da crise

Hoxe recibimos unha boa noticia económica: a porcentaxe de débeda das Administracións Públicas sobre o PIB descendeu ao peche de 2015 por primeira vez desde o inicio da crise en 2008, segundo os datos publicados polo Banco de España.

Esta porcentaxe estímase en torno ao 99% do PIB, sobre a base do avance da Contabilidade Nacional publicado polo Instituto Nacional de Estatística (INE) o pasado 29 de xaneiro.

De confirmarse este resultado coas cifras definitivas, supoñería unha diminución de tres décimas con respecto ao peche do ano anterior. 

En relación ao obxectivo comunicado a Bruxelas en outubro do pasado ano (99,7%), o resultado de 2015 quedaría por baixo.

O volume total de débeda das AA PP sitúase en 1.069.876 millóns de euros, un 3,5% máis que ao peche de 2014 aínda que cun perfil á baixa no ritmo de crecemento. Fronte a un crecemento do 7% a finais  de 2014, a evolución no ritmo de crecemento durante todo 2015 foi en descenso.

Atendendo á desagregación segundo Administracións Públicas, o Estado incrementou a súa débeda en circulación durante 2015 en 46.721 millóns de euros, a metade que un ano antes, mentres que as Comunidades Autónomas incrementaron a súa débeda en 23.806 millóns de euros, lixeiramente por encima de 2014. Finalmente, as Corporacións Locais reduciron os seus niveis de endebedamento en 2015 en 3.080 millóns de euros ata situar o seu saldo en circulación en 35.250 millóns de euros.

As porcentaxes sobre PIB mostran que o aumento da cociente de débeda pública cambia de traxectoria por primeira vez desde 2008, ano en que comezou a recesión que se prolongou ata mediados de 2013.

 O aumento a partir de entón responde á evolución do déficit público, os fondos dedicados ao financiamento das comunidades autónomas (FLA e Fondo de Pago a Provedores), a reestruturación do sector financeiro e a contribución española aos programas europeos de asistencia a países socios. 

Esa tendencia cambia en 2015 grazas sobre todo á redución do déficit público e á mellora nas condicións de financiamento da débeda.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 

Recibirá resposta