A partir de hoxe sete conexións ferroviarias diurnas e unha nocturna entre Ourense e Madrid

Hoxe comeza unha nova era nas relacións ferroviarias entre Galicia e Madrid e moi especialmente entre Ourense e a capital de España.

Se ata agora a oferta era de tres trens diúrnos e un  nocturno, a partir de hoxe será de sete trens diúrnos e un nocturno.

A cidade convértese deste xeito na cidade galega mellor conectada con Madrid con sete trens diarios en cada sentido -salvo sábados e domingos que serán cinco - e un tempo de viaxe que vai desde as 4 horas e 17 minutos ás 4 horas e 37 minutos no Alvia con máis paradas. Un tempo de viaxe máis competitivo que o do turismo.

Se reducen os tempos de viaxe no traxecto con Madrid entre 25 e 30 minutos, increméntase o número de frecuencias dos trens e aumentan as prazas e as oportunidades de viaxe ao longo do día en ambos os sentidos.

Esta ampliación da oferta ferroviaria garda directa relación coa entrada en servizo para os trens galegos do corredor de alta velocidade entre Olmedo e Zamora, polo que os convois que teñen como orixe e destino Galicia que circularán pola liña de Zamora farano por unha vía de alta velocidade entre dicha capital castelá e Madrid, o que representa máis do 50 por cento do percorrido, isto é, 233 quilómetros por vía AVE fronte aos 229 que distan entre Zamora e Ourense.

Nesa reorganización que entra hoxe en vigor, inclúese un novo servizo diúrno entre Santiago e Madrid con saída ás desde Ourense ás 5.55, e chegada a Madrid ás 10.23. Esta pronta chegada a capital, permite coller outras conexións ferroviarias e aeroportuarias, o que favorece a movilidade.

Desde que comezaron a comercializarse os billetes para os novos servizos o pasado 19 de xaneiro, Renfe duplicou as vendas xa que se venderon de 20.600 billetes; cifra que supón un incremento do 110 por cento respecto ao mesmo período do ano anterior.

Un incremento do 100% no número de frecuencias diarias entre Madrid e Galicia

Doutra banda, realízase unha importante aposta por incrementar a oferta de frecuencias de horarios nos servizos diúrnos. Os servizos ferroviarios que conectan Galicia e Madrid pasarán dos 4 actuais por sentido (tres diúrnos e un nocturno) a 7 por sentido (seis diúrnos e un nocturno) multiplicando por dous as posibilidades de viaxe diúrnas entre Madrid e Galicia.

Á oferta actual vánselle a sumar 315.000 novas prazas, o que supón un incremento do 30% sobre as prazas actuais. A nova configuración do servizo permitirá dobrar as prazas en determinados trens para determinados destinos durante os fins de semana e os períodos punta de demanda. 

Ata o 17 de marzo na que se poderán comprar os billetes a prezos fixos de 25 e 30 euros por traxecto dependendo da orixe-destino.

Esta promoción será válida para os billetes que se compren ata o 7 de febreiro. Unha vez transcorrido este período, implantarase a política de prezos promocionais habitual de Renfe.

En canto aos servizos de Media Distancia en Galicia hanse reconfigurado os horarios para manter as oportunidades de viaxe.

Desde logo estamos ante unha excelente noticia que me enche de satisfacción, como manifesté nunha entrevista ao Faro de Vigo.




Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.