A vindeira semana comeza en Ourense Xantar

A vindeira semana comezará en Ourense, Xantar, Salón Internacional de Turismo Gastronómico, unha feira que acada a su decimosetima edición -  do 3 ó 7 de febreiro - e que seguro congrega a milleiros de persoas, transformando o recinto de Expourense nun gran centro de restauración.

Nos 12.000 metros cadrados cubertos, haberá 166 expositores e catorce de restaurantes con todo luxo de detalles e servizos que ofrecerán una vintena de menús con prezos comprendidos entre os 12 e os 30 euros baseados nos produtos autóctonos e de calidade

O obxectivo é dobre: exaltar as materias primas coas que elaboran os seus menús e fomentar a calidade e a prestación do servizo. Cociñas e salas de comedor ofrecen unha espectacular imaxe grazas á coidada decoración e elaboración dos pratos.

Salientar a presenza do Estado de Morelos representando a México como país convidado e a celebración dunha edición especial adicada ó Entroido.

Este Salón obtivo en 2014 o recoñecemento de internacional outorgado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade do goberno de España.

Sen dúbida una excelente ocasión para visitar Ourense.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.