sábado, 23 de enero de 2016

Rajoy: "Non renuncio a dar tempo ao diálogo polo interese de España"

Onte concluiu a Rolda de consultas de El Rey cos representantes designados polos Grupos políticos con representación parlamentaria, en cumprimento do artigo 99 da Constitución.

Finalmente A súa Maxestade ofreceu ser candidato á Presidencia do Goberno a Mariano Rajoy que declinou.

Unha decision que Rajoy explico en rolda de prensa afirmamdo non estar  en condicións de presentarse á investidura. Por non ter ainda unha maioria de votos a favor, e se unha maioria absoluta, acreditada, de votos en contra; 180 deputados como o mínimo. 

Dixo que seguiría traballando para lograr unha maioría suficiente, "porque que a coalición de Goberno que propoño é a mellor para Espanña. É a opción da moderación. É unha opción que tenría 250 deputados no Congreso e xa a maioría absoluta no Senado. É unha opcion que responde ao interése xeral dos españois e ao sentir maioritario dos cidadáns que cren na unidade de España, na soberanía nacional, na igualdade dos españois e na consolidación da recuperación económica e social que estamos a lograr en España, asi como na creación de emprego".

Por tanto, mantivo a candidatura á presidencia do goberno, aínda que todavía non teña os apoios para someterse á investidura.

Rajoy aclarou que  o debate de investidura ten por obxecto que un candidato logre a confianza da cámara, que sexa elixido por tanto Presidente do Goberno e a partir de ahi, que poida conformar un Goberno estable. Para iso serve a sesión de investidura. 

Dixo que "desde logo non é o debate de investidura, un tramite para que empecen a contar os prazos e engadiu :"Eu non me vou a prestar a iso e non o vou a facer por respecto aos mais de 7 millóns de espanois que deron a súa confianza e o seu apoio e ao PP. Como dixen, non renuncio a nada. Non lle dixen non á miña investidura. Transmitinlle que todavía e de momento, non teño os apoios e creo que debemos dar tempo e marxe ao dialogo polo interes xeral de España e dos españois. Creo que merece a pena porque somos un gran pais e os lideres políticos deben estar á altura das circunstancias. Eu a todos os espanois dígolles, hoxe non teño os votos e por tanto non teñen ningún sentido que vaia aló aos únicos efectos de que empezo a correr o prazo de dous meses que establece a Constitucion." 

O meu total respaldo á formulación exposta por Rajoy que é ao meu xuízo é a de un home de Estado, que antepon os intereses xerais da Nacion aos partidarios ou aos persoais e que ademas respecta a vontade dos electores que votaron ao PP cun candidato, con mais de 1.700.000 votos de vantaxe sobre o segundo.

Agora toca esperar a que El Rey convoque  en audiencia ao Presidente do Congreso dos Deputados o próximo luns co obxecto de que lle facilite a preceptiva lista de representantes designados polos Grupos políticos con representación parlamentaria, para levar a cabo unha nova rolda de consulta que se iniciase a partir do mercores día 27 da próxima semana. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta