sábado, 23 de enero de 2016

Galicia agarda superar os cinco millóns de viaxeiros

Camiño de Santiago
Onte coñeciamos os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE) publicados nodo pasado ano 2015, e asi sabemos que Galicia experimentou un incremento da cifra de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros do 11,8% en relación ao ano 2014, rexistrando preto de 4.100.000, o que supón un máximo histórico para a nosa comunidade. 

Así mesmo, Galicia acadou en termos de viaxeiros no pasado ano a porcentaxe de crecemento máis elevada do conxunto do Estado. As pernoitas subiron tamén no pasado ano, nun 8,3% neste caso, rexistrando preto de 7.700.000 no pasado ano, acadando a cifra máis elevada dos últimos cinco anos. 

En canto aos segmentos de mercado, o turismo internacional incrementou a súa cifra de viaxeiros aloxados nun 18,2% e as súas pernoitas nun 14,3% acadando en 2015 máximos históricos de volume, con preto de 1.160.000 viaxeiros e máis de 1.810.000 pernoitas, como de peso no conxunto da demanda, ao supoñer o 28,3% dos viaxeiros e o 23,6% das pernoitas. 

O mercado receptor nacional incrementou as súas cifras de viaxeiros e pernoitas nun 11,1% e 9,3% respectivamente, acadando, con preto de 1.900.000 viaxeiros e máis de 3.900.000 pernoitas, os niveis máis elevados dos últimos cinco anos. Pola súa parte, o turismo interno incrementouse nun 1,5% no que se refire ás pernoitas e nun 6,8% aos viaxeiros. 

A nivel territorial, obsérvase un comportamento positivo da demanda hoteleira en todas as provincias galegas, rexistrando Pontevedra a porcentaxe máis elevada cun 9,8% de crecemento. Pola súa parte, Ourense rexistrou un incremento do 8,3%, Lugo de 7,9% e A Coruña do 7,3% neste caso. 

Praia das Catedrais
Os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao ano 2014 en preto de tres puntos porcentuais, para situarse na cifra máis elevada dos últimos cinco anos. Tamén as tarifas hoteleiras e os niveis de rendibilidade subiron en Galicia no ano 2015, un 4,4% e 14,7% —RevPAR, ingreso por cuarto dispoñible— respectivamente. 

No que respecta ao mes de decembro, Galicia rexistrou un crecemento tanto no volume de viaxeiros aloxados nos seus establecementos hoteleiros como das súas pernoitas, dun 8,5% e dun 7% respectivamente. 

Estes crecementos permitiron que a nosa comunidade acadase as cifras máis elevadas dos últimos cinco anos tanto en viaxeiros, con máis de 180.000, como de pernoitas con preto de 330.000. 

O mercado receptor nacional incrementouse nun 10,6%, consecuencia do crecemento da cifra de viaxeiros españois aloxados nos hoteis e pensións de Galicia, do 14%, e o turismo internacional subiu neste caso un 14,7%, porcentaxe que ascende ao 17,3% no caso dos viaxeiros extranxeiros.

Grazas a estes incrementos tanto o turismo nacional como o internacional acadaron as cifras de viaxeiros e pernoitas nun mes de decembro máis elevadas dos últimos cinco anos, con máis de 78.000 e 27.600 viaxeiros e preto de 152.000 e 49.300 pernoitas respectivamente. 

Os niveis de ocupación do sector hoteleiro en Galicia melloraron en relación ao pasado ano, en 2,35 puntos porcentuais no pasado mes, para situarse na cifra máis elevada dos últimos cinco anos. Tamén as tarifas hoteleiras da nosa comunidade víronse incrementadas no pasado mes nun 7,7%. 

A mellora dos niveis de demanda e ocupación no mes de decembro, acontecida nun contexto de suba dos prezos hoteleiros, permitiu aos establecementos hoteleiros de Galicia incrementar os niveis de rendibilidade en relación ao mesmo período de 2014 subindo o RevPAR un 

Salientar as declaracions de Alberto Núñez Feijóo de onte en FITUR apuntando que cada vez son máis as persoas que optan pola nosa comunidade, “no pasado ano 2015 lideramos o crecemento turístico a nivel español” e salientando que se ten acadado un récord histórico tamén no que a turismo internacional se refire, con preto de 1,16 millóns de visitantes aloxados nos establecementos hoteleiros de Galicia.

Ribeira Sacra
Os obxectivos de viaxeiros, turismo internacional e ingresos marcados como meta para 2016- engadiu o presidente- alcanzáronse xa no 2014. 
Nese sentido, e xa mirando cara o futuro, apuntou que a nosa comunidade aspira a acoller un 25% máis de turistas internacionais, superar os cinco millóns de viaxeiros e a que o turismo exterior impulse o crecemento de Galicia con máis de 1.000 millóns de euros. 

Ademais, o mandatario galego amosou a súa intención de seguir revisando e mellorando a nosa oferta turística para aspirar a que Galicia sexa como un segundo fogar para cada un dos nosos visitantes. 

Ademais do Camiño de Santiago  Feijóo subliñou outros dos grandes atractivos da nosa comunidade, como a singular combinación de festexos gastronómicos populares e cociña de autor ou as moitas alternativas de ocio das que se pode desfrutar en calquera época do ano. 

Entre elas, o Entroido, festa de gran interese etnográfico, os 21 balnearios que permiten desconectar aos visitantes e revelan o enorme potencial termal de Ourense, segunda maior potencia de Europa neste ámbito ou a Vuelta de España, cunha edición, a de 2016, na que Galicia terá máis protagonismo. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta