lunes, 4 de enero de 2016

Licitada a redacción do proxecto de construcción do tramo da A-76 que une O Bierzo e Valdeorras

Hoxe coñecemos o Anuncio da “Dirección General de Carreteras” do Ministerio de Fomento - publicado na web da Plataforma de Contratación do Estado con data 30 de decembro de 2015 -  de Licitación do contrato de servizos para a redacción  do proxecto de construción da autovía A-76. Ponferrada-Ourense. Tramo Requejo (León) - A Veiga de Cascallá (Ourense). Anuncio que será publicado de inmediato no BOE.

Diante desta nova, teño que valorar especialmente o cumprimento do compromiso explicitado pola ministra Ana Pastor de que este tramo sería licitado antes de que concluíse 2015.

Compromiso concretado tamén nos orzamentos do Estado, como o acredita que para este novo tramo contémplanse 500.000 € nos PGE para 2016 así como estiveron previstos  150.000 € no PGE de 2015.

O tramo que se saca agora a licitación ten unha lonxitude aproximada do tronco de 10,70 Km.,una ligazón (coa estrada N-120 e de acceso a Biobra) e no que se refire a estruturas (10 viadutos, 3 túneles e 2 falsos túneles)

O prazo fixado para a redacción do Proxecto é de dezaoito meses a partir da firma do contrato. E o orzamento para a licitación dos traballos é de 2.951.795,00 € (IVE incluído).

O orzamento aproximado das obras que no seu día se executen ascenderá a 184.458.941,88  € (sen incluír o IVE)

IMPULSO AO PROXECTO DA A-76

O Proxecto da Autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada,  recibiu un forte impulso do ministerio que dirixe Ana Pastor, na X Lexislatura que está a rematar.

Tratáse dunha estrada de gran importancia para a mellora das comunicacións entre Castela-León e Galicia, sendo a primeira prioridade o tramo entre Valdeorras e O Bierzo.

Así o BOE do 8 de febrero de 2014, publicou o anuncio da Demarcación de Estradas do Estado en Galicia sobre a Resolución do Ministerio de Fomento pola que se aproba o expediente de Información Pública e aprobación definitiva do Estudio Informativo "Autovía A-76. Tramo: Ponferrada-Ourense". Clave: EI-1-E-177. Provincias de: León, Lugo e Ourense. 

E desde xaneiro de 2015, o Ministerio de Fomento está a redactar o Proxecto de Trazado e Construción do tramo entre Villamartín da Abadía e Requejo (7,6 km) , na provincia de León.

Tamén desde principios de 2015 o Ministerio de Fomento atópase redactando o Proxecto de Trazado e Construción do tramo entre A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras (8,35 km), na provincia de Ourense,

Estes dous tramos, en fase de proxecto, dispoñen de consignación orzamentaria nos PGE de 2016. O primeiro en contía de 263.830 € e o segundo de 201.530 €.

O Partido Popular de Ourense seguirá considerando prioritaria na súa acción política o impulso a esta importante via de alta capacidade tan necesaria e rendible social e economicamente e farao como ata agora coordinándose cos seus homólogos de León e de Lugo.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta