Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 354.203 persoas

Esta mañá coñecemos os datos de paro rexistrado a finais de 2015 nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego. Estos son os datos:

OURENSE:

Medra lixeiramente o paro rexistrado en decembro en relación co mes anterior en 148 persoas, un 0,59 %.

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 2.084 persoas saíron en Ourense das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do - 7,63 %. 

O número de parados queda en 25.230, deles 11.852 son homes e 13.378 mulleres, 23.862 son maiores de 25 anos e 1.368 menores.

Por sectores: 1.429 son da agricultura, 3.380 da industria, 2.946 da construción, 15.244 dos servizos e 2.231 do colectivo sen emprego anterior.

En decembro de 2011 a provincia de Ourense tiña 28.217 parados rexistrados, de modo que nesta X Lexislatura tivemos un descenso de desempregados de 2.987 persoas.

GALICIA:

O paro rexistrado de Galicia medrou en decembro en 3.650  persoas con respecto a novembro (un 1,62 %).

Salientar que decembro é un mes no que se producen ascensos do paro rexistrado durante toda a serie histórica, é dicir, en todas as estatísticas publicadas desde 1996, factor que tamén ten que ver con que o turismo nesta época do ano en Galicia non ten impacto sobre a creación de emprego como noutras comunidades, como poden ser Cataluña, Madrid, Canarias e Andalucía.
O número de parados queda en 228.808, deles 106.824  son homes e 121.984 mulleres, 217.448 son maiores de 25 anos e 11.380 menores.

Deles 9.229 son da agricultura, 28.852 da industria, 28.141 da construción, 144.470 nos servizos e 18.116 do colectivo sen emprego anterior

A nivel interanual, isto é, con respecto a decembro do ano pasado, 23.110 persoas saíron en Galicia das listas do paro, o que supón unha caída do desemprego do – 9,17 %. 
Isto supón un comportamento mellor que a media do Estado, xa que Galicia baixa 1,21 puntos máis que España, que pechou o ano cunha baixada de -7,96%. Grazas a esta evolución, a nosa Comunidade sitúase a niveis de paro inferiores aos de decembro de 2010, é dicir, de hai 5 anos.



Con respecto aos datos por provinciais, ao peche de 2015 todas reduciron o numero de persoas desempregadas. A Coruña rexistrou unha baixada con respecto ao 2014 de -9,38%; Lugo un descenso de -9,01%; Ourense un -7,63% e Pontevedra baixou un -9,43%.
Desde novembro de 2013 é a vixésimo sexta baixada interanual consecutiva do paro rexistrado que experimenta a nosa Comunidade, e por terceiro ano consecutivo logra reducirse o paro nun mes de decembro de xeito interanual”. De feito, a redución deste ano é a maior das tres producidas. Cómpre destacar, así mesmo, que esta redución interanual é a maior de toda a serie histórica en termos absolutos e a terceira en termos relativos.
Na evolución dos contratos, é preciso sinalar que Galicia pecha o ano con 9.552 contratos máis, o que supón un incremento do 16,16%. No conxunto do Estado, a subida foi dun 15,23%. A afiliación interanual aumenta en Galicia nun 2,12%, isto é, 19.641 afiliacións máis. Xa son 21 subidas consecutivas desde o mes de abril de 2014, nas que Galicia rexistra unha interanual positiva en termos de afiliación á Seguridade Social. Isto, segundo destacou Toca, quere dicir que o crecemento estase a consolidar.
Finalmente destacar que en decembro de 2011 Galicia tiña 258.234 parados rexistrados, de modo que nesta X Lexislatura tivemos un descenso de desempregados de 29.426 persoas.

ESPAÑA:

O número de desempregados rexistrados nas Oficinas dos Servizos Públicos de Emprego no mes de decembro diminuíu en 55.790 persoas, un 1,34% respecto ao mes anterior. Desta forma, o paro suma catro anos consecutivos de descensos neste mes.

Nos últimos 12 meses, o paro rexistrado diminuíu en 354.203 persoas, o maior descenso nun ano de toda a serie histórica. A taxa interanual de descenso crece máis de dous puntos e medio no conxunto do ano, e mostra unha diminución do paro rexistrado a un ritmo próximo ao 8% (7,96 %). Non se alcanzaba este ritmo de redución interanual nun mes de decembro desde o ano 1.999.

En termos desestacionalizados, o paro redúcese un mes máis, e faio en 1.258 persoas. O paro desestacionalizado reduciuse en 30 dos últimos 32 meses.

Con este descenso, a cifra total de desempregados sitúase en 4.093.508 persoas. Deles 1.875.235  son homes e 2.218.273 mulleres, 3.751.331 son maiores de 25 anos e 342.177 menores.

Destaca a evolución do paro entre os mozos menores de 25 anos, que se reduce en termos interanuais en 45.773 persoas, un ritmo de descenso que alcanza o 11,8%, moi superior á media xeral do 7,96 %. 

Por sectores de actividade, o paro rexistrado diminúe entre os traballadores procedentes do sector Servizos, con 61.336 desempregados menos (-2,22%), e en Agricultura e Pesca en 2.133 persoas (-1,09%), mentres que sobe en Industria en 4.845 (1,25%) e en Construción en 15.470 (3,53%). Entre o colectivo de persoas Sen Emprego Anterior o paro redúcese en 12.636 (-3,52%).

O paro rexistrado baixa en 13 comunidades autónomas entre as que destacan Andalucía (-27.066), Madrid (-9.284) e Cataluña (-5.992). Sobe, en cambio, nos 4 restantes, encabezadas por Galicia (3.650) e Navarra (1.197).

A contratación indefinida a tempo completo crece un 13,8%.

No mes de decembro mantense o incremento do número de contratacións dos últimos meses. Así, formalizáronse 1.594.915 novos contratos, o que supón un aumento do 15,23%, respecto ao mesmo mes de 2014.

A contratación acumulada no conxunto do ano 2015 alcanzou a cifra de 18.576.280, o que supón 1.849.191 contratos máis (11,06%) que o ano anterior.

En decembro rexistráronse 132.867 contratos de traballo de carácter indefinido, que representa un incremento de 8,02% sobre igual mes do ano anterior. No conxunto do ano realizáronse 1.509.165 contratos, o que representa un incremento de 158.834 (11,76%).

A contratación indefinida a tempo completo incrementou o seu crecemento ata o 13,77% no conxunto de 2015, fronte ao aumento do 11,76% rexistrado na contratación xeral.
Con la tecnología de Blogger.