viernes, 8 de enero de 2016

Licitado o proxecto básico da intermodal de Ourense

Hoxe o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou a aposta do Goberno galego pola intermodalidade para fomentar o uso do transporte público e puxo en valor o impulso que lle está dando á estación de autobuses de Ourense na terminal de ferrocarril, que vai supoñer un investimento de 3,4 millóns de euros. 

Tras analizar na xuntanza do Consello da Xunta a posta en marcha desta infraestrutura, Feijóo lembrou que este compromiso adquirido coa cidade das Burgas xa deu o primeiro paso coa publicación no Diario Oficial de Galicia da licitación do proxecto básico e de execución da intermodal, por un importe de 148.000 euros e un prazo de tres meses para o proxecto básico e de seis para o total do proxecto construtivo. 

Como sinalou o máximo responsable autonómico, o proxecto da intermodal para Ourense supón achegar a estación de autobuses a unha situación máis céntrica e facilitar o intercambio de viaxeiros entre modos de transporte. 

Neste senso, Feijóo avanzou que a dita estación estará dotada de 19 dársenas de asignación dinámica, outras tres de regulación, un edificio terminal de 430 metros cadrados e unha superficie total de preto de 6.000 metros cadrados. 

Un convenio para concretar as actuacións de cada administración implicada
O titular do Goberno galego informou de que a Xunta remitiu ás outras administracións implicadas un borrador de convenio para concretar as actuacións das que se terá que facer cargo cada entidade.

Deste xeito, ao Executivo autonómico correspóndelle a redacción do proxecto básico e de execución, cuxa licitación autorizamos hoxe, así como executar e financiar as obras da nova estación, incluíndo un aparcadoiro en superficie.

 Pola súa banda, Adif deberá redactar os proxectos básicos e de execución da estación de ferrocarril para adaptala á alta velocidade e para mellorar a accesibilidade dos peóns, ademais de ter que ceder á Xunta os terreos para a construción da nova estación. E, finalmente, o Concello de Ourense encargarase de promover as modificacións necesarias no ordenamento urbanístico e ceder asimismo os terreos a Xunta para este fin.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta