miércoles, 30 de diciembre de 2015

Cumprimentando a acreditación no Congreso dos Deputados


Unha vez celebradas as eleccións xerais, o pasado 20 de decembro, e realizado o escrutinio xeral e a proclamación de electos polas Xuntas Electorais Provinciais, os candidatos elixidos debemos entregar ante a Secretaría Xeral do Congreso a acta expedida polo órgano correspondente da administración electoral e encher a declaración de actividades, tal e como se establece na Lei Orgánica do Réxime Electoral Xeral (LOREG) e no Regulamento do Congreso.

Este trámite é o que cumprimentei no día de hoxe no Congreso dos Deputados, entregando a credencial expedida pola Xunta Electoral Provincial de Ourense e a Declaración de Actividades e a de Bens e Rendas debidamente cumprimentadas. Tamén cubrí os pertinentes formularios recibí unha completa relación de notas informativas en relación co funcionamento do Congreso na XI Lexislatura e un terminal telefónico.

O seguinte paso para que os candidatos que fomos elixidos o pasado 20 de decembro adquiramos a condición plena de deputados é a Sesión Constitutiva do Congreso, que se celebrará o vindeiro 13 de xaneiro de 2016, ás 10,00 horas, tal e como establece o Real Decreto de convocatoria de eleccións, aprobado o 26 de outubro en Consello de Ministros e publicado no Boletín Oficial do Estado este 27 de outubro.

O desenvolvemento da sesión constitutiva, na que se designa ao presidente e aos membros da Mesa do Congreso e realízase o chamamento, un por un, aos novos deputados para que digan se acatan a Constitución, está regulada nos artigos 2 a 4 do seu Regulamento:

"Artigo 2: A sesión constitutiva será presidida inicialmente polo Deputado electo de maior idade dos presentes, asistido, en calidade de Secretarios, polos dous máis novos.

Artigo 3:  1. O Presidente declarará aberta a sesión e por un dos Secretarios darase lectura ao Real Decreto de convocatoria, á relación de Deputados electos e aos recursos contencioso-electorais interpostos, con indicación dos Deputados electos que puidesen quedar afectados pola resolución dos mesmos.

2. Procederase seguidamente á elección da Mesa do Congreso, de acordo co procedemento previsto no artigo 37 deste Regulamento.

Artigo 4: 1. Concluídas as votacións, os elixidos ocuparán os seus postos. O Presidente electo presentará e solicitará dos demais Deputados o xuramento ou promesa de acatar a Constitución, a cuxo efecto serán chamados por orde alfabética. O Presidente declarará constituído o Congreso dos Deputados, levantando seguidamente a sesión.

 2. A constitución do Congreso será comunicada polo seu Presidente ao Rei, ao Senado e ao Goberno."

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá respost