Onte nunha entrevista do xornalista pedro Piqueras, en Telecinco, o presidente Mariano Rajoy anunciou unha medida estrela do programa do PP, destinada a crear máis emprego e de máis calidade. O próximo ano, haberá novas bonificacións á Seguridade Social por cada novo contrato indefinido e pola conversión de contratos temporais en indefinidos.
En
concreto, os contratos indefinidos que se asinen o próximo ano, poderán
beneficiarse de que o Estado asuma a cotización correspondente aos primeiros
500 euros de soldo durante o seguintes catro anos, en lugar dos dous
actualmente vixentes.
Ademais,
o Goberno facilitará que máis traballadores que hoxe teñen un contrato temporal
poidan ver o seu contrato convertido en indefinido, porque dita conversión
beneficiarase do mínimo exento de 500 euros nas cotizacións. Estas medidas
afectan tanto ao empleador como ao empregado.
“DEDICAREI
TODO O DIÑEIRO QUE POIDA A ACABAR CO PARO”
Nesta
entrevista o presidente Rajoy dixo: “O noso reto é crear 500.000 empregos ao
ano ata ter 20 millóns de españois traballando en 2020. Pódese facer”.
Para
iso, a nova medida anunciada polo Presidente súmase ás presentadas o pasado
sábado en Valencia, entre as que destacan:
Unha “importante
baixada” do imposto da renda (IRPF): ao chegar ao Goberno en 2011, o tipo
mínimo estaba nun 24% e agora está no 19%. Na próxima lexislatura, o tipo
mínimo caerá ao 17% e o máximo ao 43%, beneficiando así a todos os
contribuíntes.
Na
próxima reforma fiscal do PP “apostarase claramente polas medidas que
benefician ás familias”. Nos próximos anos, vai haber “aumento da contía dos
cheques familiares e a creación un novo cheque familiar para as persoas con
discapacidade que traballen”.
Medidas
especiais para o fomento do emprego entre mulleres, novas e parados de longa
duración.
Medidas
especiais para “as persoas que queiran prolongar a súa vida laboral”.
Plan
Nacional para a Formación Dual, que permitirá compatibilizar a Formación
Profesional coa experiencia laboral.