Onte recibimos en Ourense a visita da ministra
de Emprego e Seguridade Social, Fátima Báñez, que participou nun acto sectorial que sobre política social.
Dixo que o Partido Popular aspira a crear 20.000 novos empregos
en Ourense “un paso máis tras recuperar 6.000 postos de traballo na
provincia desde o inicio da crise”,
Fátima Báñez subliñou que o emprego é a garantía da
política social e dun sistema, o de pensións, que se basea na solidariedade
intergeneracional. Por iso, dixo, “seguiremos traballando duro para crear nos
próximos catro anos 180.000 novos empregos en Galicia, que se sumarán aos
66.000 recuperados na comunidade”.
A ministra centrou a súa intervención ao redor de tres
eixos: gratitude, confianza e esperanza. En primeiro lugar, Báñez agradeceu en
nome do Goberno “a valentía e solidariedade exemplar dos verdadeiros
protagonistas do cambio, que foron os españois e, dun modo especial, os
pensionistas apoiando ás súas familias”.
Mariano Rajoy, dixo, enfrontouse ao chegar ao Goberno co dilema de pedir o rescate, “o que supoñería rebaixar entre un 15 e un 20 % as pensións e as prestacións por desemprego a docemeses”, ou o camiño das reformas e o traballo duro. “Rajoy escolleu o difícil protexendo custe o que custe á poboación máis vulnerable e actualizando as pensións que conxelaran os socialistas”.
Fátima Báñez, para quen o modelo actual de pensións “esta
preparado para afrontar o reto demográfico do futuro e de xeito máis xusto”, lembrou
que en xaneiro de 2016 entrará en vigor un novo sistema de compensación para as
mulleres que traballaran e tiveran fillos, de tal modo que as súas pensións
veranse incrementadas entre un 5, 10 ou 15 % segundo tivesen dous, tres e catro
ou máis fillos. Unha compensación que en Ourense beneficiará a 6.000 mulleres
“e que só Francia ten en marcha, o que nos poñerá á vangarda de Europa en
política social”.
O traballo feito nestes anos polo Partido Popular, engadiu a ministra, permitiunos afrontar 500.000 novas pensións en España, cun total de nove millóns de pensionistas e 120.000 millóns de euros en pagos “cunha media por pensión de 1.000 euros por primeira vez na nosa historia”.
Xa en clave política, Fátima Báñez realizou un símil deportivo para explicar que estes catro anos “foron a primeira parte dun partido no que imos gañando; agora, na segunda parte, imos afianzar o triunfo, sen experimentos como expón o PSOE ou cambios continuos de ideas como fan o resto de partidos”.
Manuel Baltar, pola súa banda, dirixiuse aos presentes para pedir o voto ao Partido Popular “con argumentos e razón”, defendendo o labor que fan os pequenos concellos en materia de servizos sociais. Un labor que se verá reforzada proximamente, dixo, coa creación dun consello provincial de asuntos sociais “desde o que axudaremos a reforzar o traballo que se realiza no ámbito municipal”. Se o alicerce do noso sistema social é o emprego, engadiu, “en Ourense tamén imos polo bo camiño co descenso do número de desempregados, máis de 3.000, desde o comezo da lexislatura”.
No acto de hoxe tamén interviñeron a cabeza de lista ao Senado, Miri Barreira, para quen o PP foi capaz de transformar as súas promesas en feitos “malia os 30.000 millóns de euros en facturas que nos atopamos nos caixóns ao chegar ao Goberno”, e o conselleiro de Política Social, José Manuel Rei, quen sinalou que “esta etapa de crecemento está a permitirnos destinar máis recursos ás familias e aos maiores”.
A axenda de actos electorais do Partido Popular completouse onte na cidade con dous encontros na cidade con veciños de As Burgas e Velle nos que participei como orador.
Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es
Recibirá resposta