Eleccións Xerais 2015: ¿Somos un país seguro?

Continuando coa campaña informativa do Partido Popular: "30 Días, 30 Respostas", hoxe respóndese a seguinte pregunta:
¿Somos un país seguro?

Co Partido Popular no Goberno, coa aprobación da Lei de Seguridade Nacional, España é hoxe o terceiro país máis seguro da Unión Europea. A taxa de criminalidade descendeu máis dun 10% desde 2011.

A lei Orgánica 1/2015, do 30 de marzo, pola que se modifica a Lei Orgánica. 10/1995, do 23 de novembro, do Código penal introduce novos tipos penais, como delitos cibernéticos.

Inclúe na definición de alteración da orde pública unha referencia ao suxeito plural e á realización de actos de violencia sobre cousas e persoas. Incorpora agravantes específicas para a comisión reiterada de delitos contra a propiedade e o patrimonio dando unha resposta eficaz aos problemas de multireincidencia.

A Lei Orgánica 4/2015, do 30 de marzo, de Protección da Seguridade Cidadá garante a seguridade de todos e mellora a nosa convivencia, xa que recolle os medios para erradicar a violencia e as condutas incívicas.

 É unha Lei de defensa da nosa convivencia; protexe: ao manifestante do violento, a quen nos protexe, aos nosos menores, aos comerciantes, ao turista, aos nosos maiores, aos estudantes, aos concelleiros. Persegue a impunidade dos violentos e a defensa das institucións.


https://www.youtube.com/watch?v=znlvcqkmL4o

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.