Eleccións Xerais 2015: "Rajoy anuncia unha gran rebaixa no IRPF para mozos, autónomos, xubilados e parados"

Onte o presidente do Partido Popular e candidato á presidencia do Goberno, Mariano Rajoy, anunciou unha ampla batería de rebaixas fiscais nunha acto celebrado en Santa Cruz de Tenerfie.

Para os mozos: cando atopen o seu primeiro emprego non pagarán o imposto sobre a renda o primeiro ano.

 Para os maiores: Quen queira e poidan seguir traballando máis aló da idade de xubilación tampouco pagarán en IRPF.

 Para os autónomos: Verán duplicada a duración da tarifa plana de cotización á Seguridade Social e, ademais, poderán elixir ao xubilarse se queren que compute toda a súa vida laboral ou só os últimos 18 meses de actividade.

Para os parados de longa duración: Os que abran un negocio non terán que pagar o IRPF durante dous anos.

Para os provedores: Endureceranse as penalizacións para as grandes empresas que non cumpran cos seus prazos de pago e teranse en conta os eventuais atrasos á hora de contratar coas administracións públicas.

Estas medidas súmanse ás anunciadas xa polo presidente:

 Para todos os contribuíntes: Rebaixarase en dous puntos os tramos do IRPF. O tramo superior baixará do 45% ao 43% e o inferior do 19% ao 17%.

 Para os novos traballadores indefinidos: Ampliaranse os beneficios do mínimo exento de contratación de 500 euros nos novos contratos e nos que se convertan de temporais a indefinidos. O obxectivo é que sexa máis barato contratar a un indefinido que a un temporal.

 Para as familias: Ampliaremos os cheques familiares con especial atención ás familias numerosas e con discapacitados.

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.