Eleccións Xerais 2015: O PP gaña nas votacións dos españois que residen permanentemente no estranxeiro

Onte finalizou o escrutinio dos votos dos españois que residen permanentemente no estranxeiro e que están inscritos no Censo de Residentes Ausentes no Estranxeiro (CERA).
O reconto do voto emigrante da provincia de Ourense culminou onte na Xunta Electoral Provincial ourensán cos seguintes resultados.
Do total de censados que eran 97.809 votaron ao Congreso 2.030 e ao Senado 2.031, un pobre 2,075 %. 
Lembrar que solicitaran exercer ese dereito 4.474 ourensáns, pero só os mencionados antes chegaron a tempo.
Gañou as eleccións o PP que obtivo 944 votos (46,5%), o PSOE 428 (21 %), En Marea 268 (13,2), Cidadáns 154(7,8 %) e Nos 83 votos (4%).
No Senado, Miri Barreira obtivo 901 votos, Carmen Leyte 889, Francisco Fernández 874 e Luís García Mañá 436.
Sumados estes resultados do voto exterior, os seis partidos que obtiveron máis votos foron:
- PARTIDO POPULAR: 86.673
- PSOE: 44.726
- EN MAREA: 34.316
- CIUDADANOS: 15.174
- NOS: 6.455
- PACMA: 1.406

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta
Con la tecnología de Blogger.