sábado, 12 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais 2015: Facendo campaña en Allariz e Laza

Onte no ecuador da campaña, o PP de Ourense, intensificou os actos elctorais con celebración de sendos mitins nas localidades de Allariz e de Laza

Na Vila alaricana abbriu o acto a presidenta local Luz Doporto que deu paso ao número uno da lista ao Congreso, Miguel Ángel Viso, que fixo unha chamada ao proxecto das persoas que representa o Partido Popular. “Temos un aval, temos equipo, programa,  ganas de traballar e por iso saímos a gañar estas eleccións“

Todo o contrario que outros partidos “como os socialistas, que fían os seus resultados á boa imaxe que proxecte o seu candidato no debate do luns fronte a Mariano Rajoy“. 

Tamén inteveu o conselleiro de educación e cultura, o lalinense Román Rodriguez.

 E pechou o mitin o presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, dicindo que “chegou o momento do cambio en Allariz e de sumarse a un proxecto común“. O PP, engadiu, “é un partido das persoas, de todos os pobos, e non un coto nacionalista cada vez máis illado“. Allariz, engadiu, “non é só unha vila; detrás hai un municipio con máis de oitenta núcleos de poboación que tamén teñen as súas necesidades“.

E despois viaxamos ata ao concello de Laza onde nun ateigado salón de actos participamos nun mitin presentado dun modo diferente e moderno polo presidente local e alcalde José Ramón Barreal , que falou deste Concello totalmente saneado, o máis seguro de España, e que fai una aposta decidida polo Turismo de natureza como por exemplo co futuro parque multiaventura integrado na natureza. Resaltou que o progreso do Concello ven dado polas as colaboracións constantes coas diferentes administracións, pensando sempre no benestar e na dinamización do municipio. 

Un alcalde comprometido co impulso á xente moza do municipio e coa atención especial aos maiores.

Falou tamén a cabeza de lista ao Senado, Miri Barreira, quen advertiu que “todo isto, con todo, non é suficiente; por iso imos seguir traballando como fixemos ata agora porque aínda queda moito por facer“. Non só imos gañar estas eleccións, dixo, “senón que imos apontoar a estabilidade, o crecemento e o emprego“.

Barreira destacou que non só houbo un plan para saír da crise. “Agora -subliñou- levamos novas ideas como quitar o pago do IRPF durante o primeiro ano a quen teña o seu primeiro emprego, eliminalo para quen decida seguir traballando ao chegar á idade de xubilación, duplicar a tarifa praza da cotización á Seguridade Social para os autónomos ou unha moratoria do pago do IRPF durante dous anos para os parados de longa duración que abran un negocio“.

Neste mitin estivo presente a conselleira de Medio Rural Anxeles Vázquez.

Manuel Baltar defendeu con contundencia a política social do Partido Popular, “que non só cínguese ás pensións, que o PP blindou para que non se volvan a conxelar como fixo de modo arbitrario o PSOE“, senón que tamén aumentamos un 20 % o orzamento destinado á familia e a infancia, mellorado o tratamento fiscal ás familias, as axudas aos desempregados, o bono social de enerxía eléctrica ou a moratoria de débedas hipotecarias“.

Pola miña parte, dixen que nas eleccións do 20 de decembro nos xogamos que a economía española siga crecendo,  e que pedimos o voto que asegure máis estabilidade e máis seguridade para o futuro do país. Tamén puse en valor a defensa da Constitución de da igualdade de todos ante a lei con independencia do lugar onde vivamos, e valorei a necesidade de que teñamos un goberno forte que defenda os dereitos e loite contra o terrorismo

Dixen que os feitos nos demostran que o camiño que se tomou polo Goberno de Rajoy foi o correcto: o paro en Ourense baixou en 3.000 persoas nesta Lexislatura  pero aínda queda moito por facer para dar traballo e porvir aos ourensans, especialmente aos novos e para asegurar o estado do benestar.