Eleccións Xerais 2015: "De campaña en O Barco e na Rúa de Valdeorras"

Onte a campaña electoral do Partido Popular tivo por escenario a comarca de Valdeorras con senllos mítines nas localidades de O Barco e A Rúa, en ambos os dous casos coa presenza do presidente do PP de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e na vila de O Barco coa visita do presidente da formación popular de Castela e León, Juan Vicente Herrera.

En O Barco de Valdeorras, antes de comenzar o mitín escenificamos a importancia estratéxica  da Autovía A-76 entre Ourense e Ponferrada,  para a mellora das comunicacións entre Castela León e Galicia.

Nesta foto están o presidente de Castela-león e de Galicia, así como a alcaldesa de Ponferrada, e os presidentes do PP de León Eduardo Fernandez e do PP de Ourense,  Manuel Baltar, ademáis do candidadto ao Congreso  Miguel Viso, e os candidatos ao Senado Carmen Leyte e Luis Aznar.

Tratábase de por en valor o gran traballo desenvolvido nesta lexislatura na que esta autovía acadou a DIA en agosto de 2013, a aprobación definitiva do Estudio Informativo en febreiro de 2014 e a adxudicación dos proxectos dos tramos entre Villamartín da Abadía e Requejo   e A Veiga de Cascallá - O Barco de Valdeorras en xaneiro de 2015.

O presidente do PP ourensán, Manuel Baltar, agredeceu precisamente a visita do dirixente castellán-leonés xa que, segundo afirmou, “a cooperación entre comunidades limítrofes pon de manifesto que pertencemos a una unidade que é España e ten beneficios obxectivos nos servicios que prestamos aos veciños que viven a cabalo entre os dous territorios”, poñendo como exemplo o impulso que o Partudo Popular deu nesta lexislatura a autovía A-76 entre Ourense Ponferrada.

Manuel Baltar non deixou pasar por alto a oportunidade de lembrar que “Valdeorras é unha comarca que mestura como ninguén a industria e o mundo rural”, en clara referencia á lousa e maila produción agroindustrial. Sobre o primeiro destes sectores, o industrial, o presidente provincial do PP recoñeceu o esforzo desta industria pola investigación e a innovación, o que garante a súa competitividade e internacionalización, de ahí “o noso compromiso por impulsar o I+D+I para que as empresas industriais podan competir da forma máis vantaxosa nos mercados internacionais e que os seus produtos sexan máis atractivos no mercado nacional”.

O número uno da lista do Partido Popular de Ourense ao Congreso, Miguel Ángel Viso, centrou a súa intervención no sector agroalimentario, do que dixo “pode potenciar o valor social e económico no noso entorno rural, converténdose nunha fonte de emprego e arraigo da poboación”. 

Por esta razón afirmou que dende o Congreso “apoiaremos esta actividade reforzando a súa organización, incorporando innovacións e proxectos tecnolóxicos para aumentar a súa calidade, respaldando a internacionalización e procurando a diversificación dos países de destino, sen esquecer a cooperación entre as industrias agroalimentarias, especialmente as pemes, e impulsando unha xestión racional dos nosos montes”.  


Alberto Núñez Feijóo, pediu unha gran mobilización para que a vitoria electoral do PP permita un goberno forte e estable en España. Segundo Feijóo, para España non é suficiente con que os populares gañen senón que se precisa, ademais, dunha ampla vantaxe. 

Nesta liña, sinalou que en Galicia sabemos dos problemas que trae consigo un Goberno inestable e por iso, non podemos aceptar a posibilidade de que pase en España o mesmo que está pasando na Deputación de Lugo ou no Concello de Pontevedra, trasladándose ese bochorno ao resto do país.

Na súa intervención, Feijóo advertiu que non ofrecen ningunha garantía a este país os que deixaron España ao borde do rescate en 2011, os que fan promesas sen saber como cumprilas, os que prefiren non posicionarse para conseguir máis votos ou os que defenden a igualdade de todos os cidadáns, pero despois negan a uns españois dereitos e infraestruturas que outros levan décadas disfrutando.

No que respecta a Galicia, tamén lembrou a aqueles partidos que cando gobernaron insultaban as nosas infraestruturas, os que non fixeron aínda ningunha proposta concreta para a nosa terra ou os que xa comentan en privado que, se chegan ao Goberno, lle negarán aos galegos o AVE.

Así, quixo deixar clara a razón pola que o PP ten que continuar sendo a primeira forza política xa que, segundo as súas palabras, nin todo o resto partidos xuntos serían capaces de aportar as garantías que si dan os populares. Deste xeito, Feijóo salientou que foi o Partido Popular o que salvou España do rescate, o que traballou durante os últimos anos para lograr manter a viabilidade dos servizos, o que pode dicir e defender o mesmo en toda España ou o que ten aprobado nas Cortes e en Galicia o maior programa de impulso democrático da historia. 

Segundo o presidente galego, cada voto conta para que o país poida seguir sendo un referente de servizos públicos en toda Europa, para continuar como unha nación plural na que o proxecto común que nos demos entre todos siga sendo útil e para que Galicia siga sendo obxecto de atención e de preocupación do Goberno de España. 

Tamén afirmou que o que España precisa é un presidente e non un presentador pois, mentres outros políticos pensan que a política é unha broma, Mariano Rajoy sabe traballar en serio. 

Feijóo si recoñeceu que, pese a que os populares puideron esquecerse en certa medida da comunicación, do que non se esqueceron foi da xestión. 

Así, o mandatario sinalou que o que España precisa non é ciencia ficción, spots publicitarios, intrigas nos despachos ou líderes a codazos por ver quen ten máis cota de televisións. Para Feijóo, o que o país necesita son realidades que beneficien aos españois, máis avances económicos, un partido que conte con todos os cidadáns e un goberno que goberne. 





Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta

Con la tecnología de Blogger.