miércoles, 16 de diciembre de 2015

Eleccións Xerais 2015: De campaña en Allariz e Riós

Onte foi tamén un día de intensa campaña, que me levou pola mañá a Allariz, onde se celebraba feira, e con tal motivo percorrín a mesma en compañía da tamén candidata Belén Gómez Quevedo  e da presidenta local Luz Doporto, ademais doutros militantes como Antonio Rodríguez Miranda.

Pola tarde despraceime a Riós, onde estaba programado un mitin no que participaba o seu alcalde  Francisco Armando Veiga Romero, a conselleira de medio rural, Ánxeles Vázquez e o presidente provincial Manuel Baltar.

Na miña intervención, fixen un rápido balance destes anos de goberno de Rajoy en contraste cos anos precedentes. Lembrei que o PSOE destruíu 3,5 millóns de empregos entre 2008 e 2011; entre 2014 e 2015, o PP propicióu  coa súa política económica a creación de máis de 1 millón de postos de traballo, máis que ninguén en Europa.  

Os socialistas deixaron aos españois sen emprego e sen futuro. Con Mariano Rajoy, España ten xa o 75% dos contratos fixos; España, co PSOE, chegou ao récord europeo de paro xuvenil; hoxe, somos quen máis emprego xuvenil creamos.

Pero insistín en que aínda que sexa moito o conseguido, queda moito máis por facer para asegurar unha oportunidade a laboral aos aínda 25.000 parados da nosa provincia, 3.000 menos que ao comezo da Lexislatura, pero aínda moitos. E avanzar nun emprego máis estable e de maior calidade.

Tamén dirixíndome aos pensionistas dixen que o PSOE foi o único Goberno que as conxelou e o PP de Rajoy salvounas da quebra e incrementounas ou ano a ano e garantiu por lei.

Aludín ao debate televisivo do pasado luns  no que se vió ao presidente Rajoy con formulacións rigorosas e con achega de datos reais, fronte a un Pedro Sánchez á desesperada, mentindo e facendo demagoxia sobre os feitos e os datos.

Un candidato socialista, que perdeu as formas reiterou os insultos e que perdeu as  manter as mínimas formas necesarias para aspirar a ter responsabilidades  na vida pública.

Un presidente Rajoy  que falou de futuro, crecemento e emprego, fronte a un Pedro Sánchez á desesperada para disimular a súa falta de propostas: as súas únicas receitas son subir impostos e derrogalo todo. 

En definitiva, viuse, dun lado, a un presidente, Mariano Rajoy, cun proxecto claro de futuro para España: conseguir que haxa 20 millóns de españois traballando en 2020; doutro lado, viuse a un demagogo, Pedro Sánchez, que puxo punto final á súa vida política ensuciando o campo de xogo e dando ás aos seus rivais directos (Cidadáns e Podemos) e que, ante todo, demostrou algo preocupante: carecer mesmo dunha idea de España. 

Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es 
Recibirá resposta